martes, 24 de febreiro de 2015

178 anos do Nacemento de Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

venres, 20 de febreiro de 2015

Red Historia

Para estar ao día en todo o que se refire a Historia e a Arqueoloxía nada mellor que ...
Red Historia


Malditos hooligans!!

A fonte da Barcaccia, construída por Bernini, sobrevivirá ata onte a noite case 400 anos pero a irresponsabilidade, a inconsciencia e a ignorancia dalgúns seareiros do Feyenoord holandés dañárona irremediablemente.
Os expertos falan de danos permanentes mais esperemos que poidan arranxalo canto antes e a famosa fonte da Piazza de Spagna de Roma poida volver a lucir en todo o seu esplendor.




Para saberes máis sobre a noticia ou sobre a Fontana della Barcaccia


mércores, 18 de febreiro de 2015

Os dentes dos Neandertais

Un grupo de paleoantropólogos do Museo de Historia Natural de Madrid acaba, baseándose no estudo dos dentes, de dar a coñecer unha nova investigación na que afirman que entre os neandertaais xa existía especialización do traballo.
Parece que o noso libro de texto xa está algo desfasado!!!
Para saberes máis pincha aquí

martes, 17 de febreiro de 2015

A tumba de Anfípolis

Dimitris Lazaridis
Nos anos 50 un arqueólogo grego chamado Dimitris Lazaridis comezou a excavar un túmulo cercano á cidade de Anfípolis; nun principio pensou que se trataba dun complexo funerario da Idade do Ferro pero pouco despois decatouse que tal vez tiña ante si a tumba dos reis de Macedonia.

A excavación continua hoxe en día e tense convertido nun dos xacementos arqueolóxicos máis importantes dos últimos anos. Continuase investigado polo que probablemente ao longo do curso teremos moitas máis novas sobre os achádegos.

Mentres gozade con esta reconstrucción en 3D da tumba principal e ampliade os vosos coñecementos en A tumba de Anfípolis

xoves, 12 de febreiro de 2015

70 anos do bombardeo da cidade de Dresde


Hai 70 anos, en plena II Guerra Mundial, a cidade alemá de Dresde foi bombardeada polos aliados o que provocou a destrucción de numerosos barrios. Estas son algunhas das imaxes de como quedou a cidade e como logo foi reconstruida.

martes, 10 de febreiro de 2015

Menuda Chapuza


Hai unhas semanas nunha inspección rutinaria á máscara de Tut-an-kamon os conservadores do Museo do Cairo descubriron que alguén rompera a barba da máscara do faraón e para arranxala decidiu pegala con cola branca.
Para saberes máis pulsa aquí