luns, 30 de xaneiro de 2017

Do you want to build an Ancient Greek Temple?


Queres construir un templo grego? Clica no seguinte enlace e prepárate para vivir unha nova experiencia no que serás o arquitecto dun magnífico templo. A quen o adicamos? Que orde escollemos?


1ESO Relixión e Arte Grega

Empezamos un novo tema. Velaí van os apuntamentos que hai que descargar e unha chea de links para que vos divirtades:


Para Estudar:
Apuntamentos para pegar na libreta
Imaxes que vemos en clase

Para xogar:
Recoñecer monumentos gregos
Recoñece obras de Época Arcaica
Identifica as Ordes
Canto sabes de Arquitectura Grega

Para Soñar:
Museo da Acrópole (Atenas)
A Acrópole de Lego



Lembra que o exame deste tema vai ser o 20 Febreiro 2017




O Diadumenos

ou o home máis guapo do mundo.

Diadumeno é unha obra de época clásica esculpida por Polícleto e que representa a un atleta ciñéndose a cinta de vencedor na cabeza. Trátase dunha escultura tan coñecida que, incluso na Antigüidade, Marcial, o escritor romano adicoulle un dos seus famosos epigramas:

QVOD spirat tenera malum mordente puella,
  quod de Corycio quae uenit aura croco;
uinea quod primis cum floret cana racemis,
  gramina quod redolent, quae modo carpsit ouis;
quod myrtus, quod messor Arabs, quod sucina trita,
  pallidus Eoo ture quod ignis olet;
gleba quod aestiuo leuiter cum spargitur imbre,
  quod madidas nardo passa corona comas:
hoc tua, saeue puer Diadumene, basia fragrant.
  quid si tota dares illa sine inuidia?

venres, 27 de xaneiro de 2017

2ESO A cidade Medieval


Desde finais do século XII e como consecuencia dos importantes cambios económicos que tiveron lugar en Europa produciuse o paulatino renacer das cidades e da vida urbana. As cidades, antes esquecidas, convertéronse no centro da vida, no lugar de encontro e de intercambio de produtos e cultura. Este tema ímolo estudar maiormente polo libro de texto (páxs 112-129).
Preguntas sobre o tema: Clica Aqui
Definición de gremio: Clica Aqui

3ESO Filipe II


Se vos queredes rir un pouco con Filipe II nada mellor que ver o capítulo 21 do Ministerio do Tempo no que Filipe II viaxa ao presente e decide cambiar toda a Historia de España.

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Como recoñecer aos pintores clásicos



Estas farto das interminables listas de características que tes que estudar para os temas de arte; resultache imposible recordar quen é o autor dun cadro ...
Pois tes que ler este artigo e aprender o novo xeito de recoñecer ao autor dun cadro. Trátase dun novo método alocado pero FUNCIONA.

martes, 17 de xaneiro de 2017

martes, 10 de xaneiro de 2017