mércores, 1 de febreiro de 2017

2ESO Gremio

Gremio: asociación de artesáns e comerciantes dun mesmo oficio que polo xeral se agrupan en rúas que recibían o nome da súa actividade e que tiña como obxectivo protexerse da competencia dos artesáns doutros lugares e para supervisar a produción.

Dentro do gremio existía unha organización xerárquica moi ríxida: en primeiro lugar tíñase que ser aprendiz, tras uns anos pasábase a oficial e, finalmente, a mestre artesán, que xa podía ter o seu propio obradoiro.

O gremio preocupábase de manter o cumprimento dunha serie de normas: ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, e todos os artesáns debían traballar as mesmas horas e utilizar o mesmo tipo de ferramentas. Ademais, controlaba a cantidade e calidade dos artigos que se producían e fixaba o seu prezo final.

O traballo realizábase en pequenos obradoiros, que tiñan como propietario ao mestre artesán, quen dispoñía das súas propias ferramentas. O artesáns habitaba unha casas que era ao mesmo tempo obradoiro e vivenda, e que se abría ao exterior para expoñer os seus produtos e vendelos.

Para descargar o textoClica Aqui

Ningún comentario:

Publicar un comentario