luns, 17 de abril de 2017

O monte Testaccio


O Testaccio é un outeiro de 35 metros de altura situado en Roma formado polos restos de ánforas de transporte que chegaron á cidade entre os séculos I e III d.C. Curiosamente a gran maioría das ánforas proviñan da Bética, no sur de Hispania, de onde traían: aceite, olivas, cereais, viño, peixe e garum, a famosísima salsa romana.

Hoxe en día, escavar no Testaccio é un dos soños de calquera arqueólogo xa que as ánforas que configuran este outeiro aportan unha información valiosísima non só sobre o que comían os romanos senon tamén sobre o comercio alto-imperial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario