martes, 30 de maio de 2017

4ESO O album de Auschwitz


Os membros da SS fotografiaron en maio de 1944 todo o proceso que seguían os prisioneiros camiño das cámaras de gas


Para ver o Album: Clica Aquí
Información en castelán: Clica Aquí

luns, 29 de maio de 2017

Consulta o Oráculo de Delfos?

De cara aos finais tal vez deberíades facer como os antigos Grecios e consultar ao famoso Oráculo de Delfos para saberes que é o que vos vai departir o futuro.
Como todo, o oráculo tense modernizado e agora podedes facerlle a pregunta que queirades a través de internet: clica aquí para coñecer o teu futuro. Eso sí as respostas da Pitonisa continúan a ser crípticas e enigmáticas ...
PD: Desde este blog non nos facemos cargo das consecuencias das interpretación equivocadas das palabras da Pitonisa.


martes, 23 de maio de 2017

3ESO Piramide de Marslow


A. Maslow foi un psicólogo estadounidense que estableceu unha xerarquía de necesidades segundo a cual o ser humano non podería pasar ao chanzo seguinte se non ten aseguradas as necesidades do chanzo anterior.

mércores, 10 de maio de 2017

4ESO España no século XX

Tema 9: España no século XX 1902-1978

 . España entre 1902-1907 (páxs 188-189)
. A ditadura de Primo de Rivera (páxs. 190-191)
. A II República Española (páxs. 192-193)
. O Bienio Reformista 1931-1933 (páxs. 194-195)
. O Bienio Conservador 1933-1935 (páx 198)
. A Fronte Popular (1935-1936) (páx 199)
. A Guerra Civil 1936-1939 (páxs. 200-205)
. Bases do Franquismo 1939-1975 (páxs 276-277)
. A posguerra 1939-1959 (páxs. 278-279)
. O desenvolvemento económico 1959-1975 (páxs 280-281)

 Vocabulario do Tema: Clica Aquí 
Preguntas sobre o tema: Clica Aquí

EXAME DO TEMA:  31 Xuño 2017

Hastings 2017

Thank you for your time!

luns, 1 de maio de 2017

4ESO British Week



Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algúns dos máis importantes estilos artísticos desde o século XVIII ata o século XX. Cada un de vós ten asignado un estilo  (ver Edmodo) sobre o que deberedes buscar información para sinalar as súas características e despois comentar algunha das súas obras máis destacables.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula no mes de xuño.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...


3ESO British Week


Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algunha das máis importantes obras de arte barroca. Cada un de vós ten asignada unha obra (ver Edmodo) sobre a que deberedes buscar información e na que deberedes identificar as principais características do barroco.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula nas datas sinbaladas.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...

Listado de Obras e Datas
Apuntamentos Arte Barroca


2ESO British Week


Durante a semana do 1 ao 7 de maio os alumnos realizarán durante as horas de clase o caderno de demografía que se pode descargar ao final deste post. A entrega de dito traballo é obrigatorio e deberase realizar o día 12 de maio.
Descargar Caderno de Demografía

1ESO British Week

Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Unha vez encendido o ordenador, descarga o seguinte arquivo ABALAR-Arte Grega e gravao no escritorio do ordenador.
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que os permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal, ir a pestana file/arquivo e clicar en Annotate PDF e buscar no escritorio o arquivo que descargaches antes ABALAR-Arte Grega.
4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal.
5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades no escritorio.
6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com