martes, 23 de maio de 2017

4ESO Calendario de Exames Finais 2017


Xa queda pouco para acabares pero aínda así temos que seguir prestando atención aos contidos de Sociais. Quedanos un último esforzo que nos permita superar a materia. Lembrade que nos escaso mes que nos queda imos ter que facer:
. Exame 31 Maio: Hai que estudar o tema da Guerra Civil e o Franquismo.
. Presentación de Traballos sobre a arte do século XIX e XX: Ao longo das semanas de xuño teredes que ir presentando os traballos sobre os distintos estilos artísticos que se desenvolveron en Europa ao longo do séculos XIX e XX. É moi importante que vos esforcedes posto que o traballo e maila a exposición constitúen dúas nota independentes.
. Exame 14 Xuño: Tratarase dun exame final no que aqueles alumnos que teñan suspensa algunha avaliación terán unha nova oportunidade para recuperar a materia mentres que aqueles alumnos que teñan aprobada a materia simplemente terán que facer un exercicio axudados co libro e os apuntamentos do curso.
Se vos serve de consuelo todo o traballo que vós tedes que facer a min tocame logo corrixilo.
Ánimo e Sorte

Ningún comentario:

Publicar un comentario