luns, 16 de outubro de 2017

Libros, libros e máis libros

Agora que vos estades a convertir en verdadeiros especialistas na Idade Media vouvos recomendar tres libros de lectura ambientados no medievo:



O enigma do Scriptorium: Novela policíaca ambientada na Toledo de Afonso X, o Sabio. Tres mestres asasinados, as páxinas dun códice arrancadas e a vida dunha copiasta en perigo.

Finis Mundi: un monxe, un trobador e unha xograr teñen a dificil misión de salvar o mundo do seu fin mentres viaxan desde Fisterra ata Inglaterra.

Cruzada en vaqueiros: un clásico da literatura xuvenil no que o protagonista viaxa por accidente no tempo e atopase no medio dunha das cruzadas máis famosas da Idade Media, a cruzada dos nenos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario