martes, 22 de febreiro de 2022

5EP Confinados e Confinadas do MC (semana do 21 ao 25 de febreiro)

 

OLA rapaces e raparigas que estades na casa: como vai todo? Esta semaniña é un tanto especial posto que temos algunha que outra sorpresa polo Entroido PERO como non podemos descansar nen un minuto velaí vos deixo a programación:

  • Acabar o tema das Paisaxes: o que nos queda é a teoría sobre a auga e acabar o vocabulario da costa e do río (lembrade que o vocabulario ten que estar na libreta pequena).
  • Correxiremos as actividades que levamos feitas
  • E hai que comezar a estudar a fondo.
Boa semaniña e velaí vai unha serie de enlaces:

domingo, 13 de febreiro de 2022

Eu tamen estou medio confinada ... (semana do 14 de febreiro ao 18 de febreiro)


 Pois si está semana vai ser un pouco especial posto que me vou ter que ausentar uns días PERO non vos preocupedes que traballiño imos ter que facer:
  • Actividades de Respaso que podedes descargar aquí
  • Correxiremos as actividades e cadros da montaña e a chaira
  • Empezaremos a copiar a teoria da PAISAXE DE COSTA na libreta grande que podedes atopar no E-Book da materia.
  • E na libreta pequena o VOCABULARIO relacionado coa paisaxe.
  • E non vos olvidedes de comezar a estudar todo o que levamos explicado.


martes, 8 de febreiro de 2022

5EP Seguimos CONFINADOS e CONFINADAS? Semana do 7 ao 13 de Febreiro

 

Eu xa pensaba que non íamos ter máis confinamentos e veña vós a pillar o virus e quedar na casa. Non vos preocupedes, collede forzas e aos pouquiños podedes facer o traballo desta semana:

  • Acabar as actividades e o cadro da CHAIRA.
  • Copiar a teoría da COSTA e facer as actividades ae o cadro correspondente.
  • Repasar e estudar o vocabulario da MONTAÑA, a CHAIRA e a COSTA

mércores, 2 de febreiro de 2022

5EP Esta semana imos de excursión a ....

 


a esta preciosidade a Fallingwater House ou o que é o mesmo á Casa da Cascada deseñada por Frank Lloyd Wright, un dos grandes arquitectos do século XX, en 1936. 

Que che pareceu? Enviame un comengtario coas impresións da túa visita.

Clica Aquí para unha visita dende o teu sofa.