venres, 23 de setembro de 2022

 

Hoxe 23 de setembro ás 3 horas e 4 minutos daba comezo o OUTONO no Hemisferio Norte mentres que no Hemisferio Sur produciase a chegada da PRIMAVERA.

luns, 19 de setembro de 2022

Lecturas recomendadas esta semana

 


Aqui tedes a selección de libros para esta semana: 

Reportero Doc: ¿Quién inventó la escritura? Un clásico das revistas de divulgación para nenos e nenas centra o seu interese neste número na invención da escritura no antigo Exipto e Mesopotamia.

Finis Mundi: un dos primeiros libros da coñecida autora Laura Gallego. Nesta ocasión cóntanos as aventuras dun monxe e dous xograres na procura dos tres eixes que impidan invocar o Espiritu do Tempo na Europa do ano 1000.

Heka, un viaje mágico a Egipto: Acompaña a Víctor a unha viaxe no tempo que o levará ao Antigo Exipto e coñecer o gran faraón do Alto e o Baixo Exipto, Tutmosis.

xoves, 8 de setembro de 2022

Benvidos a 5º de Educación Primaria

Para poder traballar a materia de Ciencias Sociais en 5ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:
     . Libreta grande cuadriculada grampada
      . Sobre plástico tamaño folio
 
Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
    . bolígrafo azul ou negro
    . bolígrafo vermello
    . lapis e goma
    . regra
    . pegamento de barra  e tesouras
    . Lápices de cores (poden ser plastidecor)


6EP CURSO 2020-2021 Que imos precisar este ano?

 

Este ano para comezar o curso ademais de moitas ganas de volver ao cole imos necesitar unhas cousiñas sen importancia:

  • 1 libreta grande cuadriculada grapada aínda que se queredes podedes aproveitar a que usaches o ano pasado na materia de Ciencias Sociais; pensade que quedou case nova.
  • A libreta pequena cuadriculada grapada que usabamos para o vocabulario de Ciencias Sociais e Naturais.
  • 1 sobre grande de plástico que imos deixar en clase.
Como imaxinaredes tamén imos necesitar:
  • Bolígrafo azul ou negro
  • bolígrafo vermello
  • marcador fosforito
  • lapis e goma
  • regra
  • pegamento de barra e tesouras
  • lápices de cores (poden ser plastidecor)