domingo, 23 de outubro de 2022

5EP Paralelos e Meridianos


PARALELOS: liñas imaxinarias trazadas sobre o globo terráqueo de Leste a Oeste. O paralelo principal ou paralelo 0º é o Ecuador. Hai 4 paralelos que teñen nomes especiais: 
. Trópico de Cáncer
. Trópico de Capricornio
. Círculo Polar Ártico
. Círculo Polar Antártico
MERIDIANOS: liñas imaxinarias trazadas sobre o globo terráqueo de Norte a Sur. O meridiano principal ou meridiano 0º

Un mesmo planeta distintas representacións

Cando imaxinamos os continentes sempre ven á nosa cabeza un mapa coñecido como o mercator, obra do cartógrafo flamengo, Gerardus Mercator no século XVI.


Sen embargo, este mapa non mostra as dimensións reais dos distintos continentes. Así, por exemplo, Groenlandia mostrase moito maior que América do Sur cando en realidade é dun tamaño similar a Arxentina. 
Foi por iso que, a finais do século XIX, se presentou na revista da sociedade xeográfica escocesa unha nova proxección do mundo na que se gardaban as proporcións reais dos continentes; é a denominada proxección Gall-Peters.


Aínda así, este novo mapa seguía sin mostrar a realidade do noso planeta posto que situaba no centro do mundo a Europa. Desde entón, a cartografía ten cambiado moito e ao longo do século XX buscáronse formas de representación máis rigurosas e máis cercanas.
Así por exemplo, os nenos/as chineses, xaponeses e indios cando pensans nun mapa mundi o que lles ven as súas cabezas é un mapa no que Asia ten un lugar destacado.


Ou un neno/a de Chile, Brasil ou Colombia cando imaxina o mundo faino así



domingo, 16 de outubro de 2022

6EP Mapa Físico de África


 

ÁFRICA: é un continente que posúe terras tanto ao Norte como ao Sur do Ecuador.

Os seus límites son:

  • Ao Norte o Estreito de Xibraltar e o Mar Mediterráneo que separan África de Europa.

  • Ao Leste a Canle de Suez, o Mar Vermello e o Océano Índico que a separan de Asia.

  • Ao Sur o Océano Índico e o Océano Atlántico.

  • E ao Oeste o Océano Atlántico.


África caracterízase por ter un relevo bastante chairo; tendo soamente na zona oriental do continente, é dicir, no Leste, importantes macizos montañosos, como o Macizo Etíope, ou depresións como a do Val do Rift.