mércores, 26 de abril de 2023

6EP Actividades sobre a Península Ibérica

 

SOBRE AS DEPRESIÓNS

  1. Que é unha depresión?
  2.  Que formas do relevo delimitan a depresión do Ebro? E a do Guadalquivir?

SOBRE AS MESETAS

  1. Que unidade do relevo atravesarías no teu recorrido?
  2.  Que grandes ríos cruzarías?
  3. Onde atoparías o pico de maior altura?
  4. Indica o nome das cordilleiras que rodean a meseta.

SOBRE OS RÍOS

  1. Onde nace o río Miño? Onde desemboca? Por que cidade capital de provincia pasa?
  2. Onde desemboca o Douro?
  3. E o Texo?
  4. Por que cidade da submeseta Sur pasa o Texo?
  5.  Por que cidade capital dunha provincia romana pasa o Guadiana?
  6. Que son os ollos do Guadiana?
  7. A Torre do Ouro sevillana ao pé de que río se localiza?
  8. Fíxate no mapa e dí o nome do tipo de desembocadura do Ebro?
  9. Por que pese a ser un río da Vertente mediterránea o Ebro é un río caudaloso?

 

luns, 24 de abril de 2023


... contan os maiores que un 25 de Abril os militares portugueses deciciron derrocar a ditadura sen disparar nen unha soa arma ...

Esta noite hai serán


 Aqui tedes algunhas imaxes tomadas por Ruth Mailda Anderson na súa viaxe a Galiza entre 1924 e 1926. Xa podedes inspirarvos.

Para ver un documental sobre a Viaxe de Ruth: clica aquí

martes, 11 de abril de 2023

6EP Seguimos practicando os Países da Unión Europea

 

Aquí tedes as bandeiras dos países que a día de hoxe forman parte da UE. Lembra que debes saber situalos nun mapa mudo e coñecer as súas capitais.

5EP Actividades Galiza I

 

Para poder facer estas actividades debes fixarte no mapa que tesno teu caderno ao principio do tema.
1. En que zona da península Ibérica se atopa situada Galiza?
2. Con que mares e océanos limita?
3. Que comunidades autónomas limitan con Galiza? E que país?
4. Que río cruza Galiza de Norte a SO?
5. Por que lle chamaron os romanos Finis Terrae a Galiza?