luns, 24 de setembro de 2012

Rotación e Translación

Que mellor que ver un video para entender un pouco mellor os movementos de rotación e translación do noso planeta

sábado, 8 de setembro de 2012

xoves, 6 de setembro de 2012

De como a escola pode cambiar a vida de alguén

Había unha vez unha mestra sueca chamada Hilde Back que decidiu sacar 12 euros ao mes do seu soldo para pagar así a escola dun neno de Kenia ao que non coñecía. A cantidade non era moita pero permitiu a Chris Mburu convertirse no mellor da súa clase e chegar á universidade.
O tempo pasou e aquela mestra perdeu o contacto co neno ... esquecese del, xubilouse e iniciou unha vida tranquila na súa Suecia natal.
Mentres aquel neno continuou estudando, conseguiu unha bolsa para Harvard, unha das universidades máis prestixiosas do mundo e co tempo comezou a traballar nas Nacións Unidas. Foi entón cando Chris decidiu cambiar o futuro de moitos nenos de Kenia creando unha fundación que pagaría os seus estudos e a que lle puxo o nome daquela mestra sueca que lle pagara os seus. Pero tamen foi o momento no que decidiu buscar a aquela muller para darlle as gracias por aquel pequeno xesto que cambiou a súa vida para sempre.
Se queredes saber máis sobre esta historia ...