Amosando publicacións coa etiqueta Actividades para o Coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades para o Coronavirus. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2020

Mércores para pensar




Se tivesedes que definir o contido de este video en dúas frases. Cales serían?

Se vos parece as vosas reflexións podedes facelas nos COMENTARIOS.

martes, 19 de maio de 2020

6EP Comentario dun climograma


Tal vez, unha das actividades onde máis tivemos que aplicar as nosas dotes como investigador ou investigadora foi na interpretación de climogramas. Imos facer unha última práctica; sobre a que vos aseguro que vos vai parecer moito máis fácil.



Para repasar a teoría clica aquí 

IMPORTANTE: Para evitar modificar os arquivos que subo á miña nube é moi importante que os descarguedes antes de utilizalos.

domingo, 26 de abril de 2020

Quedan un par de días para o ansiado domindo 26 de abril ...



Sen dúbida, un día que vai quedar gravado nas nosas mentes como o día que puidemos sair á rúa despois de 46 días pechados nas nosas casas.

Un día no que durante 1 hora sentiremos o sol nas nosas caras, poderemos correr, andar en bicicleta ou simplemente pasear.

Pero un día no que volverémonos a sentir LIBRES.


Gustaríame que despois de gozar dese momento de recuperada liberdade, ao volver a casa e de xeito tranquilo, puxesedes en orde os vosos pensamentos para logo intentar plasmar ese momento nunha postal.

Podémolo plasmar en forma de debuxo, de canción, de poesía, de texto, de baile ... como nos saía de dentro.

Como nos teñamos sentido cando por fin comezamos a recuperar a nosa liberdade.

luns, 20 de abril de 2020

6EP Quen se apunta a un kahoot


Quen se apunta a un kahoot de xeografía europea?
Seredes capaz de batir o meu tempo? Tedes seis días para conseguilo.
Quen se atreve? Para xogar clica aquí

5EP e 6EP Evolución Humana


Iniciamos hoxe unha viaxe ao pasado máis remoto da nosa especie.
Repasade o voso English e sacade as vosas mellores habilidades como aventureiros xa que a nosa viaxe comeza en Washington para acabar en Etíopia, África.
Animádesvos a acompañarme?


CONSELLOS: Un arquivo PDF editable é arquivo sobre o que podemos escribir pero para que a súa maxia funcione. Temos que seguir uns breves consellos: Descargar o arquivo no teu ordenador. Non podes escribir sobre él online. 

  • Completalo e ao acabar gardalo cambiándolle o nome. 
  • Así por exemplo, poderiades chamarllo Smithsonian curso e nome do alumno/a
  • Unha vez que cambiedes o nome gardádeo no voso ordenador e xa está listo para enviar.

5EP Xogamos coa Xeografía Física da P. Ibérica


xoves, 16 de abril de 2020

5EP Comezamos coa Península Ibérica?

Xa sabedes que a Península Ibérica é unha das múltiples penínsulas que podemos atopar no Sur de Europa e que nela hai 4 países: Portugal, España, Andorra e Xibraltar.
Os seus límites naturais son:
  • Ao Norte o Mar Cantábrico e a Cordilleira dos Pirineos que nos separan de Francia.
  • Ao Leste o Mar Mediterráneo.
  • Aos Sur o Estreito de Xibraltar que nos separa de África
  • e ao Oeste o Océano Atlántico.
Hoxe vouvos propor un traballo que tedes que facer aos pouquiños pero que cando acabedes vaivos facer sentir moi pero que moi orgullosos: o voso primeiro superesquema en solitario. Atrevédesvos?

Que temos que facer? O primeiro de todo é acceder ao texto que deberedes ler un par de veces antes de lanzarvos a facer o superesquema. 

LEMBRA: que so debes incluir no esquema aquela información necesaria; a que é repetida  ou pouco importante, por exemplo o nome e a altura dos picos máis importantes de cada cordilleira, NON debemos incluíla.

Ademáis, gustaríame pedirvos que fixexedes o esquema en formato WORD e logo mo mandedes tamén neste formato para así poder correxilo e enviarvolo deste xeito. Esto non quita que volo mande tamen en formato PDF. 

Para descargar o superesquema en formato PDF

IMPORTANTE: para o mellor funcionamento dos arquivos debedes descargalos

6EP Xeografía política de Europa Política II


Queredes xogar un pouco coa xeografía de Europa? 


Para xogar coas capitais clica aquí
Para repasar a xeografía fisica clica aquí

IMPORTANTE: para o mellor funcionamento dos arquivos debedes descargalos

martes, 14 de abril de 2020

O noso Olimpo


O noso Olimpo comeza a tomar forma e xa se asentaron nel algúns deuses pero aínda nos faltan moitos. Non se anima ninguén máis a enviarme as súas creacións?

6EP Xeografía Política de Europa I

Fíxate neste mapa:


Non notas algo diferente respecto aos mapas de Europa que estás acostumado a ver? Trátase dun mapa político de Europa de principios do século XIX , é dicir, un mapa no que están representados os países e as súas fronteiras no século XIX e como os países e as súas fronteiras están creados polo ser humano estas teñen cambiado moito ao longo da historia.


Queres aprender un pouco sobre a Xeografía Política de Europa? Gustaríache saber que países e que outras organizacións políticas forman parte de Europa?


Para obter mapas mudos en formato PDF

IMPORTANTE: para o mellor funcionamento dos arquivos debedes descargalos



domingo, 5 de abril de 2020

Pechei os ollos ........


E cando acordei estaba cruzando o río Liffey en Ha'penny Bridge, Dublín. A noite é cálida  e a cidade está iluminada soamente pola lúa. Aínda que é tarde as rúas están cheas de xente sentada nas pequenas terrazas dos pubs.
Vémonos na miña próxima parada.

sábado, 4 de abril de 2020

Pechei os ollos ........



E cando acordei estaba no alto da Acrópole de Atenas mirando cara o Partenón. Acababa de comer unha skanakopita e beber un café con leite mentres subía cara Acrópole de Atenas. Fora cedo para evitar colas e poder gozar tranquilamente das vistas. Estiven máis de 10 minutos mirando para o imponente edificio tratando de imaxinar como fora na Antigüidade.
Vémonos na miña próxima parada.
Para mostrarme os vosos lugares clica aquí

venres, 3 de abril de 2020

5EP e 6EP Fabricamos o noso propio Olimpo?




Nestes días de confinamento desde o MNAR propóñenos que fagamos o noso propio Olimpo. Non temos que facer a todos os deuses olímpicos senon so aqueles que nos apeteza. Podémolos facer coas plantillas que nos propoñen desde o museo ou deixar voar a imaxinación e facelos ao noso xeito, ao xeito MC

Podemos crealos en formato recortables, figuras de barro ou de pasta, con materiais reciclados, con ceras, témperas ou lápices de cores. Grandes ou pequenos pero sempre ao voso xeito pero sen esquecer cales son os atributos de cada un deles. É dicir que cunha simple mirada poidamos dicir de quen se trata.

De tal xeito que cando volvamos a estar xuntos, poidamos colocalos nun pequeno altar como o da fotografía. 

Durante o proceso de fabricación e unha vez finalizados podédemos enviar ao meu MAIL e así poder incluilos na galeria de fotos do Olimpo MC



Agardo con verdadeira ansiedade as vosas creacións.




mércores, 1 de abril de 2020

5EP e 6EP MNAR Museo Nacional de Arte Romano


Para este mércores de descanso vouvos propor a visita a un dos meus museos favoritos o Museo Nacional de Arte Romano situado en Mérida (Extremadura). 

Pero para podelo facer tedes que descargarvos nun mobil ou na tablet a App do MNAR Museo Nacional de Arte Romano que atoparedes na Play Store ou na Apple Store. 

Unha vez instalado so tedes que empezar a explorar e buscar .... Recorda que mentres escoitas o audio podes mover as fotografías e ver as distintas pezas do museo.









venres, 27 de marzo de 2020