Amosando publicacións coa etiqueta Arquitectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arquitectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de febreiro de 2022

5EP Esta semana imos de excursión a ....

 


a esta preciosidade a Fallingwater House ou o que é o mesmo á Casa da Cascada deseñada por Frank Lloyd Wright, un dos grandes arquitectos do século XX, en 1936. 

Que che pareceu? Enviame un comengtario coas impresións da túa visita.

Clica Aquí para unha visita dende o teu sofa.

xoves, 26 de marzo de 2020

5EP e 6EP A miña paixón a arquitectura

Nestes tempos de coronavirus e confinamento as nosas rutinas desapareceron e xurdiron outras. Eu cada maña, aínda que me levanto cedo, fago o preguiceiro na cama mentres leo o xornal e hoxe entre tanta noticia pouco esperanzadora atopei unha doutra das miñas pasións, a ARQUITECTURA.

Museo Gughenheim Nova Iork obra de Frank Lloyd Wright

Creo que a nosa visita á cidade de Pedro I, o grande ou a Cádiz pode esperar e vouvos propor un traballiño moito máis interesante, polo menos na miña opinión.
O primeiro que tedes que facer é clicar aquí para poder ver e ler o artigo que chamou a miña atención , logo escoller cal das 10 construcións é a túa favorita e finalmente investigar un pouquiño.
Preparados, listo, xa!!

martes, 10 de outubro de 2017

Arquitectura Medieval: Centros de Interés


  • Vivenda Privilexiada: os castelos: A. V. e S. N. P.
  • Murallas e pontes: M. A. e I. C.
  • Igrexa Románica: M. A. e J. L.
  • Igrexa Gótica: A. D. e A. H.
  • Mosteiros: H. de la T. e G. F.
  • Vivendas non privilexiadas: no campo e máis nas cidades: E. C. e N. D.
  • As cidades Medievais: A. P. e X. C.
  • Conventos: L.V. e N.C.

xoves, 8 de xuño de 2017

Xenios da Arquitectura: F. Lloyd Wright


Hoxe fai 150 anos que nacía en Phoenix un dos grandes arquitectos americanos do século XX: F. Lloyd Wright; precursor da arquitectura orgánica e autor de edificios tan famosos como:
Para saberes máis: The Lloyd Wright Trust

luns, 1 de maio de 2017

1ESO British Week

Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Unha vez encendido o ordenador, descarga o seguinte arquivo ABALAR-Arte Grega e gravao no escritorio do ordenador.
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que os permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal, ir a pestana file/arquivo e clicar en Annotate PDF e buscar no escritorio o arquivo que descargaches antes ABALAR-Arte Grega.
4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal.
5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades no escritorio.
6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com

martes, 4 de outubro de 2016

2ESO Arte Bizantino

Representación de Cristo, o Emperador Xustiniano e Zoe.
A arquitectura bizantina caracterízase pola decoración en mosaico. Aquí tedes un bo exemplo dun deses mosaicos procedente de Santa Sofia de Estambul.
Pero se queredes seguir gozando de exemplos de arte bizantina non deixedes de visitar, aínda que sexa de forma virtual:

venres, 11 de marzo de 2016

domingo, 25 de outubro de 2015

Coñecedes ben a vosa cidade?

Hoxe imos recordar un vídeo publicado neste blog por primeira vez hai xa tres anos onde nos lembran o bela que puido ser a nosa cidade se tivesemos sido un pouco máis cuidadosos. Recoñecedes os lugares?

luns, 9 de marzo de 2015

Outra vez ...


E hoxe tocoulle a Dur-Sharrukin, capital do Reino Asirio en tempos de Sargón II e mundialmente coñecida polas súas figuras de touros alados.

Cal será a próxima cidade? So se me ocurre coller un mapa dos principais xacementos mesopotámicos e empezar a riscar todo do que nos podemos despedir.

Maldita barbarie!!!


Para saberes máis sobre este xacemento pincha aqui

sábado, 7 de marzo de 2015

E agora Hatra


Triste semana no que se refire a destrucción do noso patrimonio: primeiro foron as esculturas do Museo de Mosul, logo as ruinas de Nimrud e hoxe Hatra, a cidade dos Partos Patrimonio da Humanidade. Ata onde teñen que chegar para que reaccionemos?



venres, 20 de febreiro de 2015

Malditos hooligans!!

A fonte da Barcaccia, construída por Bernini, sobrevivirá ata onte a noite case 400 anos pero a irresponsabilidade, a inconsciencia e a ignorancia dalgúns seareiros do Feyenoord holandés dañárona irremediablemente.
Os expertos falan de danos permanentes mais esperemos que poidan arranxalo canto antes e a famosa fonte da Piazza de Spagna de Roma poida volver a lucir en todo o seu esplendor.




Para saberes máis sobre a noticia ou sobre a Fontana della Barcaccia