luns, 30 de marzo de 2015

Definiting Beauty

Do 26 de Marzo e ata o 5 de xullo poderase visitar no British Museum a exposición Definiting Beauty:the body in Ancient Greek Art. Interesante botarlle un ollo se estades por Londres.

venres, 27 de marzo de 2015

A Reconquista


A noite do 27 de marzo de 1809 os vigueses liderados por Cachamuíña decidiron tomar ao asalto a cidade de Vigo controlada ata aquel momento polas tropas francesas. A acción foi todo un éxito e Vigo converteuse na primeira praza recuperada en España e a nosa cidade recibiu o título de "leal e valerosa"
Hoxe en día é unha das festas máis emblemáticas da nosa cidade ...

Para saberes máis: pincha aquí
Para ver o desfile infantil
Par gozar da festa consulta o programa

xoves, 26 de marzo de 2015

domingo, 22 de marzo de 2015

Patrimonio da Humanidade / World Heritage

O título de Patrimonio da Humanidade / World Heritage é unha distinción concedida pola UNESCO a aqueles lugares dos mundo que teñen unha importancia cultural ou natural excepcional. Actualmente existen 1007 lugares patrimonio da humanidade dos que 779 son culturais, 197 naturais e 31 mixtos e están distribuidos por 161 países. Sen embargo, algúns destes lugares están en perigo e debemos loitar pola súa conservación.

sábado, 14 de marzo de 2015

Achádego de novas pinturas rupestres en Cantabria

Sabiamos que en Cantabria podiamos atopar algunhas das covas con pinturas rupestres máis importantes do mundo (Cova de Altamira ou de Tito Bustillo) pero o que non sabiamos é que esta mesma semana se atoparon novas pinturas máis antigas que as de Altamira.
Un grupo de espeólogos acaba de atopar, nunha cova utilizada tradicionalmente para gardar ovellas, restos de composicións xeométricas realizadas polos homes e mulleres do Paleolítico.
Para saberes máis: Pincha Aquí.


mércores, 11 de marzo de 2015

A beleza está en todas partes

na música, na arquitectura, na arte, na danza, na historia, nas persoas ...

Se non consegues ver o video pincha aqui
ou busca "take me to the church"+ Sergei Polunin

Por fin !!

Os grandes museos novaiorkinos acaban de por a disposición dos usuarios de internet un gran número de libros de arte gratuitos da súa colección de descatalogados.
Estamos de sorte  !!

martes, 10 de marzo de 2015

luns, 9 de marzo de 2015

Outra vez ...


E hoxe tocoulle a Dur-Sharrukin, capital do Reino Asirio en tempos de Sargón II e mundialmente coñecida polas súas figuras de touros alados.

Cal será a próxima cidade? So se me ocurre coller un mapa dos principais xacementos mesopotámicos e empezar a riscar todo do que nos podemos despedir.

Maldita barbarie!!!


Para saberes máis sobre este xacemento pincha aqui

domingo, 8 de marzo de 2015

E a resposta era ...



Neferu Atón Nefertiti (1370 aC-1330 aC) raíña de Exipto e esposa do faraón Akenatón,


X1
N35
N5
M17F35F35F35F35M18X1
Z4
B1

Existen numerosas representacións desta raíña pero sen dúbida a máis famosa é a que podemos atopar no Museo de Pérgamo en Berlín.

sábado, 7 de marzo de 2015

E agora Hatra


Triste semana no que se refire a destrucción do noso patrimonio: primeiro foron as esculturas do Museo de Mosul, logo as ruinas de Nimrud e hoxe Hatra, a cidade dos Partos Patrimonio da Humanidade. Ata onde teñen que chegar para que reaccionemos?



xoves, 5 de marzo de 2015

Nimrud

Nunca máis volveremos a gozar destas obras de arte

Imaxes do xacemento de Nimrud antes da súa destrucción polo Estado Islámico

Un anaquiño de África


Seguimos coas pistas ...

Dunha gran beleza, raíña de Exipto ... e coñecida por un busto que podemos atopar nun coñecido museo berlinés.. Sabedes xa de quen falo?

X1
N35
N5
M17F35F35F35F35
F35M18X1
Z4
B1

Atopados os restos dun homínido máis antigo que Lucy

Pois si; como o escoitades! 
Un grupo de arqueólogos acaba de publicar o achádego dunha serie de fragmentos de mandíbula dun homínido case 500.000 anos máis antigo que a nosa querida avoa Lucy.
Os ósos foron atopados por un equipo de estudosos etíope-americano no xacemento de Ledi-Geraru na rexión de Afar en Etíopia; cerca do lugar onde se atopou en 1974 o esqueleto de Lucy e do xacemento onde se atoparon as ferramentas máis antigas fabricadas por un homínido.
Estamos ante un descubrimento único que fará que o próximo ano os alumnos de 1ESO estudien un novo tipo de homínido. Pero ... que nome lle darán? Polo de agora so sabemos que se coñece coas siglas LD 350-1
Para saberes máis sobre o tema en castelán ou en English xa sabedes pinchade.

luns, 2 de marzo de 2015

Imos xogar ...



X1
N35
N5
M17F35F35F35F35
F35M18X1
Z4
B1


Aqui temos o nome dunha raíña do Antigo Exipto famosa pola súa beleza ... sabes de quen podo estar falando? 
Seguiremos coas pistas maña ...