luns, 25 de marzo de 2019

6ºEP Sitúa nun mapa mudo de Galiza


Sitúa neste mapa mudo de Galiza o Macizo Galaico, as Serras Setentrionais, a Serra da Capelada, as Serras Centrais, as Serras Orientais, O courel, Os Áncares, a Serra de San Mamede e a Serra do Xurés.

venres, 22 de marzo de 2019

5º e 6º EP A Península Ibérica



A PENÍNSULA IBÉRICA (P. Ib.) é unha das múltiples penínsulas europeas. Está situada ao Sur do continente e nela podemos atopar catro países: España, Portugal, Andorra e Xibraltar.



Os límites da P. Ib. Son:

·       Ao Norte o Mar Cantábrico e a Cordilleira dos Pirineos que nos separan de Francia.

·       Ao Leste o Mar Mediterráneo

·       Ao Sur o Estreito de Xibraltar que nos separa de África.

·       E ao Oeste o Océano Atlántico.