venres, 30 de outubro de 2020

Atopados os restos dun homínido máis antigo que Lucy

Pois si; como o escoitades! 
Un grupo de arqueólogos acaba de publicar (5 marzo 2015) o achádego dunha serie de fragmentos de mandíbula dun homínido case 500.000 anos máis antigo que a nosa querida avoa Lucy.
Os ósos foron atopados por un equipo de estudosos etíope-americano no xacemento de Ledi-Geraru na rexión de Afar en Etíopia; cerca do lugar onde se atopou en 1974 o esqueleto de Lucy e do xacemento onde se atoparon as ferramentas máis antigas fabricadas por un homínido.
Estamos ante un descubrimento único que fará que o próximo ano os alumnos de 1ESO estudien un novo tipo de homínido. Pero ... que nome lle darán? Polo de agora so sabemos que se coñece coas siglas LD 350-1
Para saberes máis sobre o tema en castelán ou en English xa sabedes pinchade.

luns, 19 de outubro de 2020

 



Este venres volveron a miña cabeza as palabras de Voltaire "Non estou dacordo co que dís, pero defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo" Novamente en Francia, o berce de Voltaire, a sin razón acabou coa vida dun profesor de Historia que simplemente trataba de ensinarlle aos seus alumnos un dos dereitos máis importantes de calquer democracia a liberdade de expresión. 
O seu único delito foi exemplificar ese dereito cunha caricatura do profeta; o que algúns musulmáns interpretaron como unha ofensa que debían vengar coa súa morte. Sen dúbida, trátase dun crime horrible e que non debe volver a repetirse porque como moi ben nos ensinou a Ilustración todos os seres humanos somos libres para expresarnos ....