xoves, 5 de marzo de 2015

Seguimos coas pistas ...

Dunha gran beleza, raíña de Exipto ... e coñecida por un busto que podemos atopar nun coñecido museo berlinés.. Sabedes xa de quen falo?

X1
N35
N5
M17F35F35F35F35
F35M18X1
Z4
B1

luns, 2 de marzo de 2015

Imos xogar ...



X1
N35
N5
M17F35F35F35F35
F35M18X1
Z4
B1


Aqui temos o nome dunha raíña do Antigo Exipto famosa pola súa beleza ... sabes de quen podo estar falando? 
Seguiremos coas pistas maña ...

martes, 24 de febreiro de 2015

178 anos do Nacemento de Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

venres, 20 de febreiro de 2015

Red Historia

Para estar ao día en todo o que se refire a Historia e a Arqueoloxía nada mellor que ...
Red Historia


Malditos hooligans!!

A fonte da Barcaccia, construída por Bernini, sobrevivirá ata onte a noite case 400 anos pero a irresponsabilidade, a inconsciencia e a ignorancia dalgúns seareiros do Feyenoord holandés dañárona irremediablemente.
Os expertos falan de danos permanentes mais esperemos que poidan arranxalo canto antes e a famosa fonte da Piazza de Spagna de Roma poida volver a lucir en todo o seu esplendor.




Para saberes máis sobre a noticia ou sobre a Fontana della Barcaccia


mércores, 18 de febreiro de 2015

Os dentes dos Neandertais

Un grupo de paleoantropólogos do Museo de Historia Natural de Madrid acaba, baseándose no estudo dos dentes, de dar a coñecer unha nova investigación na que afirman que entre os neandertaais xa existía especialización do traballo.
Parece que o noso libro de texto xa está algo desfasado!!!
Para saberes máis pincha aquí

martes, 17 de febreiro de 2015

A tumba de Anfípolis

Dimitris Lazaridis
Nos anos 50 un arqueólogo grego chamado Dimitris Lazaridis comezou a excavar un túmulo cercano á cidade de Anfípolis; nun principio pensou que se trataba dun complexo funerario da Idade do Ferro pero pouco despois decatouse que tal vez tiña ante si a tumba dos reis de Macedonia.

A excavación continua hoxe en día e tense convertido nun dos xacementos arqueolóxicos máis importantes dos últimos anos. Continuase investigado polo que probablemente ao longo do curso teremos moitas máis novas sobre os achádegos.

Mentres gozade con esta reconstrucción en 3D da tumba principal e ampliade os vosos coñecementos en A tumba de Anfípolis

xoves, 12 de febreiro de 2015

70 anos do bombardeo da cidade de Dresde


Hai 70 anos, en plena II Guerra Mundial, a cidade alemá de Dresde foi bombardeada polos aliados o que provocou a destrucción de numerosos barrios. Estas son algunhas das imaxes de como quedou a cidade e como logo foi reconstruida.

martes, 10 de febreiro de 2015

Menuda Chapuza


Hai unhas semanas nunha inspección rutinaria á máscara de Tut-an-kamon os conservadores do Museo do Cairo descubriron que alguén rompera a barba da máscara do faraón e para arranxala decidiu pegala con cola branca.
Para saberes máis pulsa aquí

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Ideal de beleza


O ideal de beleza ten cambiado moitísimo ao longo da Historia; desde as venus paleolíticas ata a actualidade o ideal de corpo feminino é moi diferente pero, sen dúbida, sempre é belo.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

Viva a Ciencia


O 24 de agosto do ano 79 AD o Vesubio entraba en erupción e destruía as cidades romanas de Herculano e Pompeia. 1935 anos máis tarde e grazas aos raios-X xa podemos ler todos os papiros que quedaron carbonizados naquel momento.
Estamos de noraboa; en breve poderemos saber cales eran os gustos literarios dos homes, mulleres e nenos da cidade de Herculano.


martes, 6 de xaneiro de 2015

Os Homo Erectus tamen sabían pintar


Os arqueólogos acaban de descubrir o debuxo máis antigo feito por un ser humano. Aínda que a cuncha sobre a que se relizou o debuxo fora descuberta nunha illa de Indonesia hai más de 100 anos; non foi ata agora que un grupo de estudiosos se decataron que tiñan ante eles o debuxo máis antigo coñecido e ademais feito por un HOMO ERECTUS!!!

Se queredes saber máis sobre o tema podedes ler ao respecto no Pais ou na revista Nature.

xoves, 27 de novembro de 2014

Londinium


Os romanos que eran uns grandes viaxeiros chegaron ata Londres a que denominaron Londinium. Gústoulle tanto que se quedaron ali e convertiron o asentamento do Támesis nun importante porto comercial.

Hai poucas semanas foi encontrado un importante xacemento arqueolóxico na mismísima City londinense, centro das finanzas mudiais.

Se queredes saber máis sobre o tema:

luns, 30 de setembro de 2013

2ESO O Islam

Vou ir incluíndo nesta entrada os materiais cos que imos traballar neste novo tema:

domingo, 16 de xuño de 2013

sábado, 20 de abril de 2013

Quero ser ... ASTRONAUTA


O xoves tivemos a sorte de ir a aprender sobre o espacio na Fundación Barrié de la Maza. Pasámolo de medo facendo experimentos e comendo comida espacial. Aqui vos van algunhas fotiños ...