Ademáis de aprender moita Historia Moderna en clase, este ano tamén imos aprender Historia por medio da lectura. Para iso ao longo deste trimestre deberedes ler algún destes dous libros:
. El misterio de los Medici de Michael White onde a aparición duns restos sen identificar no mausoleo dos Medici en San Lorenzo levan a antropóloga forense E. granger a investigar un dos grandes misterios do Renacemento italiano.
. La joven de la perla de Tracy Chevalier onde partindo dun cadro de J. Vermeer a autora conta a historia de Griet, unha rapaza de 16 anos, que comeza a traballar na casa do famoso pintor.
Unha vez que teñades lido calquera dos dous libros deberedes completar a seguinte ficha de lectura (descargaa aquí) e entregala a primeira semana de xaneiro.
Se por un casual non atopades nen en librerías, nen en bibliotecas, nen na rede podedesmos pedir a min.
Gozade da lectura!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario