No século XVIII un monarca francés chamado Luís XIV mandou construír un pazo que reflexase todo o seu poder ...
xoves, 23 de febreiro de 2017
mércores, 22 de febreiro de 2017
4ESO A I Guerra Mundial. A vida nas trincheiras
Sen dúbida, un dos lugares onde morreron máis persoas durante a I Guerra Mundial foi nas trincheiras. Aquí tedes un breve video onde nos explica as durísimas condicións de vida dos soldados.
martes, 21 de febreiro de 2017
1ESO Antiga Roma
Hai moitos séculos, á beira do río Tíber, foron abandonados dous xemeos, Rómulo e Remo ...
AVE ALUMNI
Hª de Roma:
Arte e Arqueoloxía:
Literatura:
Videos:
Etiquetas:
1ºESO,
Arqueoloxía,
Arquitectura,
Arte,
Arte Clásico,
Cultura Clásica,
Curso 2014-2015,
Curso 2015-2016,
Hª Antiga,
Hispania Romana,
NJP,
Roma
1ESO O Imperio Romano
Antes de comezares imos ver un pequeno e divertido video sobre o Imperio Romano
luns, 20 de febreiro de 2017
Aventuras Mitolóxicas
Se queredes leer unha novela na que se combinan aventuras, campamentos, amizade e mitoloxía clásica aqui tedes as series de Percy Jacson. Unha boa maneira de aprender mitoloxía sen facer nengún esforzo e pasando un bo tempo. Ah! e para os que non vos gusta ler: xa hai película das dúas primeiras entregas.
Para saberes máis de Percy Jackson e o seu autor Rick Riordan: pincha aquí.
3ESO O absolutismo
No século XVII desenvolveuse en toda Europa unha nova forma de goberno coñecida co nome de absolutismo que ten o seu máximo exponente no reu francés: Luís XIV, tamén coñecido como Rei Sol.
venres, 17 de febreiro de 2017
1ESO Para repasares Arte Grego
Aquí tedes unha chea de links cos que poderedes repasar Arte Grega dun xeito moi divertido:
4ESO Arte do século XX. A Bahaus
A Bahaus foi unha escola de arte e arquitectura de vangarda que funcionou entre 1919 e 1933 en Alemaña. Foi unha das maiores e máis orixinais expresións do Modernismo en Arquitectura e unha das primeiras escolas de deseño do mundo. Sen embargo, a chegada ao poder do Partido Nazi propiciou o seu peche.
Para saber sobre o seu legado: Clica Aquí
Para ver máis fotos: Clica Aquí
mércores, 1 de febreiro de 2017
2ESO Gremio
Gremio: asociación de
artesáns e comerciantes dun mesmo oficio que polo xeral se agrupan en rúas que
recibían o nome da súa actividade e que tiña como obxectivo protexerse da
competencia dos artesáns doutros lugares e para supervisar a produción.
Dentro do gremio existía unha organización xerárquica moi ríxida: en
primeiro lugar tíñase que ser aprendiz, tras uns anos pasábase a oficial e,
finalmente, a mestre artesán, que xa podía ter o seu propio obradoiro.
O gremio preocupábase de manter o cumprimento dunha serie de normas:
ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, e todos os
artesáns debían traballar as mesmas horas e utilizar o mesmo tipo de
ferramentas. Ademais, controlaba a cantidade e calidade dos artigos que se producían
e fixaba o seu prezo final.
O traballo realizábase en pequenos obradoiros, que tiñan como propietario
ao mestre artesán, quen dispoñía das súas propias ferramentas. O artesáns
habitaba unha casas que era ao mesmo tempo obradoiro e vivenda, e que se abría
ao exterior para expoñer os seus produtos e vendelos.
Para descargar o texto: Clica Aqui
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)