Gremio: asociación de
artesáns e comerciantes dun mesmo oficio que polo xeral se agrupan en rúas que
recibían o nome da súa actividade e que tiña como obxectivo protexerse da
competencia dos artesáns doutros lugares e para supervisar a produción.
Dentro do gremio existía unha organización xerárquica moi ríxida: en
primeiro lugar tíñase que ser aprendiz, tras uns anos pasábase a oficial e,
finalmente, a mestre artesán, que xa podía ter o seu propio obradoiro.
O gremio preocupábase de manter o cumprimento dunha serie de normas:
ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, e todos os
artesáns debían traballar as mesmas horas e utilizar o mesmo tipo de
ferramentas. Ademais, controlaba a cantidade e calidade dos artigos que se producían
e fixaba o seu prezo final.
O traballo realizábase en pequenos obradoiros, que tiñan como propietario
ao mestre artesán, quen dispoñía das súas propias ferramentas. O artesáns
habitaba unha casas que era ao mesmo tempo obradoiro e vivenda, e que se abría
ao exterior para expoñer os seus produtos e vendelos.
Para descargar o texto: Clica Aqui
Ningún comentario:
Publicar un comentario