martes, 24 de outubro de 2017

mércores, 18 de outubro de 2017

5ºEP Curiosidades de Sistema Solar



  • Se o Sol se apagase non seriamos conscientes ata uns 8 minutos despois cando  deixásemos de ver a luz.
  • A montaña máis alta do Sistema Solar é o Monte olimpo, un volcán marciano que ten unha altura de 27 km.
  • Se puidésemos viaxar en avión polo espazo chegariamos a Lúa nuns 16 días, a Marte uns 10 anos e ao Sol uns 19 anos.
  • O nome en castelán dos planetas do Sistema Solar, coa excepción da Terra, corresponde co nome dalgunhas divindades romanas: Mercurio, o deus do comercio; Venus, a deusa do amor e a beleza; Marte, o deus da guerra; Xúpiter, o deus creador do universo; Saturno, o deus da agricultura; Urano, o deus grego do ceo e Neptuno, o deus do mar.
  • Mercurio é o planeta coas temperaturas máis extremas. Nun día pasa de 420ºC a -185ºC.
  

luns, 16 de outubro de 2017

Libros, libros e máis libros

Agora que vos estades a convertir en verdadeiros especialistas na Idade Media vouvos recomendar tres libros de lectura ambientados no medievo:



O enigma do Scriptorium: Novela policíaca ambientada na Toledo de Afonso X, o Sabio. Tres mestres asasinados, as páxinas dun códice arrancadas e a vida dunha copiasta en perigo.

Finis Mundi: un monxe, un trobador e unha xograr teñen a dificil misión de salvar o mundo do seu fin mentres viaxan desde Fisterra ata Inglaterra.

Cruzada en vaqueiros: un clásico da literatura xuvenil no que o protagonista viaxa por accidente no tempo e atopase no medio dunha das cruzadas máis famosas da Idade Media, a cruzada dos nenos.


Bibliografía


Cando facemos un traballo de investigación é moi importante que tomemos nota de todos os libros, páxinas web ou outras fontes nas que buscamos información. Aquí temos unha pequena lista dalgúns dos libros que podemos consultar:
  • Barzotti, E: La máquina del tiempo.Estudio Didáctico.
  • Beaumont, E: La Edad Media
  • Langley, A: La vida medieval. Biblioteca Visual Altea. Madrid 1996
  • Nuño Glz, J: Una aldea en tiempos del románico.
  • Nuño Glz, J: Peregrinar a Compostela en la Edad Media.
  • VVAA: Medio 5. Editorial Vicens Vives.
  • VVAA: Fisterra 2. Editoriak Vicens Vives
  • VVAA: XH 2. Editorial Vicens Vives.
Todos estos libros deben aparecer ao final do teu traballo nun apartado que se chama Bibliografía.

xoves, 12 de outubro de 2017

martes, 10 de outubro de 2017

Arquitectura Gótica


Arquitectura Medieval: Centros de Interés


  • Vivenda Privilexiada: os castelos: A. V. e S. N. P.
  • Murallas e pontes: M. A. e I. C.
  • Igrexa Románica: M. A. e J. L.
  • Igrexa Gótica: A. D. e A. H.
  • Mosteiros: H. de la T. e G. F.
  • Vivendas non privilexiadas: no campo e máis nas cidades: E. C. e N. D.
  • As cidades Medievais: A. P. e X. C.
  • Conventos: L.V. e N.C.

Arquitectura Medieval



ARQUITECTURA: é a arte e a ciencia de proxectar, deseñar, construír e modificar o hábitat humano, incluíndo edificios de todo tipo (pontes, murallas, casas, mercados,castelos, pazos, igrexas, sinagogas, mesquitas, mercados, casas do concello, lonxas ...)

A Idade Media en 10 minutos


O tempo é o que é

Benvidos ao Ministerio do Tempo?
Ver video 18:30 a 22:15

domingo, 8 de outubro de 2017

Para saberes máis


En Galego ou Português
    . A catedral de Santiago: Clica Aquí
    . As mulleres na lírica portuguesa: Clica Aquí
    . Base de datos da Lírica Galego-Portuguesa: Clica Aquí
    . UD: Idade Media Galega: Clica Aquí

En Castelán:
     . Síntese da Idade Media: Clica Aquí
     . Idade Media para Primaria: Clica Aquí

En English
     . Daily Life: Clica Aquí
     . Tempos de Guerra: Clica Aquí
     . Arquitectura Medieval: Clica Aquí
     . Como se vivía na Idade Media?: Clica Aquí

En Français
     . Os nenos durante a Idade Media: Clica Aquí
     . Os campesiños: Clica Aquí

mércores, 4 de outubro de 2017

5ºEP Esquema Sistema Solar


SISTEMA SOLAR: parte da Vía Láctea cercana aos seu bordo que ten no seu centro unha estrela, o Sol, ao redor do cal xiran os planetas.

domingo, 1 de outubro de 2017

Búscanse funcionarios para o Ministerio do Tempo.

Requisitos: Ter entre 9 e 13 anos, coñecementos básicos de castelán, galego, inglés ou francés; desexo de aventura e moitas ganas de viaxar.

Data de selección: Todos os Martes as 9:00 na aula de Ciencias Sociais e Naturais.

Salario: A negociar.