mércores, 18 de outubro de 2017

5ºEP Curiosidades de Sistema Solar



  • Se o Sol se apagase non seriamos conscientes ata uns 8 minutos despois cando  deixásemos de ver a luz.
  • A montaña máis alta do Sistema Solar é o Monte olimpo, un volcán marciano que ten unha altura de 27 km.
  • Se puidésemos viaxar en avión polo espazo chegariamos a Lúa nuns 16 días, a Marte uns 10 anos e ao Sol uns 19 anos.
  • O nome en castelán dos planetas do Sistema Solar, coa excepción da Terra, corresponde co nome dalgunhas divindades romanas: Mercurio, o deus do comercio; Venus, a deusa do amor e a beleza; Marte, o deus da guerra; Xúpiter, o deus creador do universo; Saturno, o deus da agricultura; Urano, o deus grego do ceo e Neptuno, o deus do mar.
  • Mercurio é o planeta coas temperaturas máis extremas. Nun día pasa de 420ºC a -185ºC.
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario