No aire en 4 grandes pasiños:
1º Paso: Para poder comezar temos que saber que é un programa de radio, que tipos de programas de radio existen, que recursos necesitamos para facer un programa de radio, como é o modo de falar e expresarse na radio, como se capta a atención do oínte, que función ten a publicidade ...
Radio 3º de Primaria: clica aquí
2º Paso: Escoller que tipo de programa queremos realizar e que temas imos tratar. O máis sinxelo para empezar e escoller un único tema sobre o que poidamos transmitir información, profundizar no asunto escollido e completalo con entrevistas, reportaxes, debates ...
A min gustaríame facer un programa de viaxes no que puidesemos falar dun ou varios paises, da súa historia, da súa gastronomía,dos seus monumentos, das súas personaxes, entrevistar a viaxeiros ....
Podcast de Viaxe: clica aqui
3º Paso: Creación dunha escaleta e elaboración dos contidos do programa.
Para ver un modelo de guión radiofónico: clica aquí
Módelo de escaleta: clica aquí
4º Paso: Practicamos la locución antes de la gravación e buscamos que apps vai ser útil no noso próposito.
Consellos para a locución: clica aquí
Apps para crear unha radio: clica aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario