sábado, 30 de setembro de 2023

5EP Continentes e Océanos




Os continentes son as terras separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.

E os océanos son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por cinco grandes océanos: Océanos Pacífico, o Océano Atlántico, o Océano Índico, o Océano Glacial Antártico e o Océano Glacial Ártico.

Ecuador: liña imaxinaria trazada de oeste a leste que divide a Terra en dúas partes iguais chamadas hemisferios.

Hemisferios: cada unha das partes nas que a Terra está dividida polo Ecuador. Existe dous hemisferios: o hemisferio Norte ou hemisferia terrestre e o hemisferio sur ou hemisferio marítimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario