Outro
costume era a de recorrer en grupos de mozos e mozas as casas das aldeas
cantando na véspera de Nadal, de Aninovo ou de Reis. Antes de comezar era
costume pedir permiso ou licenza:
De lonxe viñemos 
os que aquí chegamos 
se nos das licenza  
os reises cantamos 
 | 
 
Continuábase
logo cos cantos de Nadal, Aninovo ou Reis e finalizábase pedindo o aguinaldo, unha compensación polos
cantos. O aguinaldo xeralmente era uns chourizos ou algo de touciño nas casas
ricas ou mazás e castañas nas casas máis pobres.
Somos os Reises do Quiquiriqui 
Se non nos das nada 
Cagámosche aquí 
 | 
 
Existen en
Galiza diferentes tipos de cantos de Nadal:
24-25 Decembro 
 | 
  
31 Decembro -1 Xaneiro 
 | 
  
5 e 6 Xaneiro 
 | 
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario