Todo comezou no verán 1879 cando o meu pai, Marcelino
Sanz de Sautuola, decidiu investigar aquela cova que algúns anos antes atopara
un dos campesiños que traballaba as súas terras.
Xa estaba aburrida de esperar a que papá acabase de
remexer a terra polo que decidín entrar. Camiñei uns metros, xirei a esquerda …
os meus ollos xa estaban acostumados a ver na penumbra … e alí, nunha gran
sala, puiden comezar a ver bisontes, cabalos e cervos en distintas posicións,
pintados en negro e vermello sobre o teito.
Sain correndo berrando polo meu pai: “Papá ven, corre,
mira o que atopei! … ven ver as vacas os cabalos “ O meu pai entrou cunha
lámpada e … O demais é Historia
María Sanz de Sautuola
Ningún comentario:
Publicar un comentario