Como parte do noso traballo de 2º Trimestre, e xa que estades tan motivados á hora de aprender xeografía política, vouvos propor a realización dun Lap Book sobre o país que vós escollades pero que debe cumplir as seguintes condicións:
No referente ao FORMATO:
1. Ten que ter un formato DIN A4 ou folio e estar escrito a man.
2. O voso nome, apelidos e curso debe aparecer nun lugar ben visible.
No referente ao TEMA:
3. O país escollido NON pode ser Europeo e NON pode coincidir co de ningún outro alumno/a de 6EP.
4. Pensade que o obxectivo do Lap Book é que nos chegue a información dunha maneira directa, clara e que en caso de necesidade poidanos servir como fonte de estudo.
5. Ten que aparecer o nome do país e un mapa do mesmo dentro do seu continente.
6. Ademáis hai que incluir un cadro cos seguintes datos: capital, moeda, lingua/s, relixión/s, superficie, número de habitantes e ano da súa creación.
7. Límites políticos do pais; é dicir, con que países limita.
8. Incluir dous reloxos onde se mostre nun a hora de Vigo e noutro a hora do pais escollido.
9. Principais elementos do relevo: ríos, montañas, depresións, mesetas ....
10. Principais monumentos ou atraccións turísticas,
11. Gastronomía: pratos tradicionais, se queredes podedes incluir unha receita.
12. Curiosidades: Nas vosas procuras ides atoparvos con algúns datos sobre a historia, a arte, os habitantes ... do pais que vos van sorprender e que sería importante que tamen formasen parte do traballo.
13. Bibliografia: calquer libro, páxina web ou persoa da que obteñades información debe aparecer o seu nome no traballo.
No referente as
DATAS de entrega:
14. En principio imos adicar unha ou dúas clases a procura de información para a realización do traballo.
. 6A: venres 24 de xaneiro e 27 de febreiro.
. 6B: xoves 26 de xaneiro e 26 de febreiro
. 6C: venres 24 de xaneiro e 27 de febreiro.
15. Sen excepción o Lap Book terá que entregarse o día: 9 de Marzo para 6A e 6B e o día 10 de marzo para 6C