xoves, 23 de xaneiro de 2020

6EP Oceanía

 

OCEANÍA é o máis pequeno dos continente; está formada por multitude de illas de diferentes tamaños e orixes. O elemento común a todas estas illas é que todas están bañadas polo Océano Pacífico e todas están ao Sur do Ecuador.

ILLA de AUSTRALIA: é a illa máis grande de Oceanía e do mundo. Descuberta polos europeos no século XVII, trátase dunha illa semidesértica no seu interior e cunha liña de costa de grandes dimensións, onde destaca a Gran Barreira de Coral ao Norte.

ACTIVIDADES.
1. Porque se lle chama a Oceanía o continente das 10.000 illas?
2. Como se chaman os indíxenas australianos?
3. E os de Nova Zelanda?

Ningún comentario:

Publicar un comentario