ASIA é o continente cunha maior extensión; atopándose a maior parte das súas terras
no Hemisferio Norte.
Os
limites de Asia son:
· Ao Norte o
Océano Glacial Ártico
· Ao Leste o
Océano Pacífico
· Ao Sur o
Océano Índico e o Pacífico
· E ao Oeste
a Cordilleira dos Urais, o Río Ural, Mar Caspio e a Cordilleira do Caúcaso.
Neste
continente atopamos a cordilleira máis alta do mundo, Cordilleira do Himalaia,
e toda unha serie de arquipélagos de orixe volcánico ao longo da costa do
Pacífico.
MAR
MORTO: lago salgado situado a 395 m baixo o nível do mar entre Israel,
Cisxordanía, e Xordanía.
ILLA
DE CEILÁN: actualmente Sri Lanka. Illa situada ao Sur da Península India famosa
pola súa produción de canela, té, café, caucho e coco.
RÍO
GANXES: río situado aos pés da Cordilleira do Himalaia considerado sagrado para
o hinduísmo.
RÍO
AMARELO/ HUANG-HE: río máis importante de China; recibe o seu nome pola gran
cantidade de materiais que arrastra ao seu paso que lle dan unha cor amarela.
ACTIVIDADES
1. Cales son os límites entre Europa e Asia?
2. Porque é imposible morrer afogado no Mar Morto?
3. Que diferenza hai entre un indio e un hindú?
4. Porque se cultiva té, café e caucho en Ceilán?
5. De onde é orixinario o caucho?
Ningún comentario:
Publicar un comentario