venres, 13 de marzo de 2020

Ola rapaces e raparigas,



Ola rapaces e raparigas,
As circunstancias son excepcionais e aínda que poida parecer incríbel estamos a vivir un momento histórico que aparecerá nos libros. É por eso que a nosa resposta tamén ten que ser histórica.
Debemos ser cidadáns con maiúsculas e pensar no outro, naquelas persoas que non deben contaxiarse porque non serían capaces de superar a enfermidade, naquelas persoas que  aínda que deberían estar nas súas casas escolleron como profesión unha que lles fai estar en primeira liña de combate (médicas, enfermeiros, policías, bombeiros …) e por suposto, en todas aquelas persoas (avós, tías, pais e nais, coidadores) que están connosco nas nosas casas.
Ben sabedes que está situación chegou tamén á escola e que as nosas rutinas, de súpeto, deixaron de ter importancia. Esquecédevos de todo o que tiñamos pendente e centrémonos en levar estes días o mellor que poidamos.
Van ser días moi longos, onde imos estar cara a cara fronte o aburrimento. Ímonos cansar de ver a televisión, de ler, de xogar polo que aproveitade estes días para pensar e desenvolver aínda máis a vosa curiosidade e desexo por aprender.
E para levalo todos o mellor posible vouvos propor un reto diario que nos levará a recorrer, polo menos coa nosa imaxinación, a Península Ibérica (5ºEP) e Europa (6ºEP).
Ánimo rapaces e raparigas e a blogear
E se queredes falar comigo contactádeme en: noemia.arias@colexiomartincodax.com


1 comentario: