mércores, 29 de abril de 2020

Olimpo MC


Seguen a chegar as vosas creacións ao Olimpo Martín Códax e a verdade é que vos estades a superar PERO aínda falta algunha que outra deusa.  Quen se anima?

Mércores para pensar



Hoxe deixo un video para que pensedes. É dificil de comprender polo que tal vez teredes que poñelo varias veces ou incluso poñelo e ide parandoo para pensar no que nos está a dicir. Ou incluso non vos enteraredes de nada ou so dunha parte pero recordadeo porque dentro duns anos alguén vaivos falar del.

domingo, 26 de abril de 2020

Quedan un par de días para o ansiado domindo 26 de abril ...



Sen dúbida, un día que vai quedar gravado nas nosas mentes como o día que puidemos sair á rúa despois de 46 días pechados nas nosas casas.

Un día no que durante 1 hora sentiremos o sol nas nosas caras, poderemos correr, andar en bicicleta ou simplemente pasear.

Pero un día no que volverémonos a sentir LIBRES.


Gustaríame que despois de gozar dese momento de recuperada liberdade, ao volver a casa e de xeito tranquilo, puxesedes en orde os vosos pensamentos para logo intentar plasmar ese momento nunha postal.

Podémolo plasmar en forma de debuxo, de canción, de poesía, de texto, de baile ... como nos saía de dentro.

Como nos teñamos sentido cando por fin comezamos a recuperar a nosa liberdade.

sábado, 25 de abril de 2020

Grandola Vila Morena


... contan os maiores que un 25 de Abril os militares portugueses deciciron derrocar a ditadura sen disparar nen unha soa arma ...

mércores, 22 de abril de 2020

Mercores para pensar

De como a escola pode cambiar a vida de alguén ,,,


Había unha vez unha mestra sueca chamada Hilde Back que decidiu sacar 12 euros ao mes do seu soldo para pagar así a escola dun neno de Kenia ao que non coñecía. A cantidade non era moita pero permitiu a Chris Mburu convertirse no mellor da súa clase e chegar á universidade.
O tempo pasou e aquela mestra perdeu o contacto co neno ... esquecese del, xubilouse e iniciou unha vida tranquila na súa Suecia natal.
Mentres aquel neno continuou estudando, conseguiu unha bolsa para Harvard, unha das universidades máis prestixiosas do mundo e co tempo comezou a traballar nas Nacións Unidas.
Foi entón cando Chris decidiu cambiar o futuro de moitos nenos de Kenia creando unha fundación que pagaría os seus estudos e a que lle puxo o nome daquela mestra sueca que lle pagara os seus. Pero tamen foi o momento no que decidiu buscar a aquela muller para darlle as gracias por aquel pequeno xesto que cambiou a súa vida para sempre.
Se queredes saber máis sobre esta historia ...

luns, 20 de abril de 2020

6EP Quen se apunta a un kahoot


Quen se apunta a un kahoot de xeografía europea?
Seredes capaz de batir o meu tempo? Tedes seis días para conseguilo.
Quen se atreve? Para xogar clica aquí

5EP e 6EP Evolución Humana


Iniciamos hoxe unha viaxe ao pasado máis remoto da nosa especie.
Repasade o voso English e sacade as vosas mellores habilidades como aventureiros xa que a nosa viaxe comeza en Washington para acabar en Etíopia, África.
Animádesvos a acompañarme?


CONSELLOS: Un arquivo PDF editable é arquivo sobre o que podemos escribir pero para que a súa maxia funcione. Temos que seguir uns breves consellos: Descargar o arquivo no teu ordenador. Non podes escribir sobre él online. 

  • Completalo e ao acabar gardalo cambiándolle o nome. 
  • Así por exemplo, poderiades chamarllo Smithsonian curso e nome do alumno/a
  • Unha vez que cambiedes o nome gardádeo no voso ordenador e xa está listo para enviar.

5EP Xogamos coa Xeografía Física da P. Ibérica


xoves, 16 de abril de 2020

5EP Comezamos coa Península Ibérica?

Xa sabedes que a Península Ibérica é unha das múltiples penínsulas que podemos atopar no Sur de Europa e que nela hai 4 países: Portugal, España, Andorra e Xibraltar.
Os seus límites naturais son:
  • Ao Norte o Mar Cantábrico e a Cordilleira dos Pirineos que nos separan de Francia.
  • Ao Leste o Mar Mediterráneo.
  • Aos Sur o Estreito de Xibraltar que nos separa de África
  • e ao Oeste o Océano Atlántico.
Hoxe vouvos propor un traballo que tedes que facer aos pouquiños pero que cando acabedes vaivos facer sentir moi pero que moi orgullosos: o voso primeiro superesquema en solitario. Atrevédesvos?

Que temos que facer? O primeiro de todo é acceder ao texto que deberedes ler un par de veces antes de lanzarvos a facer o superesquema. 

LEMBRA: que so debes incluir no esquema aquela información necesaria; a que é repetida  ou pouco importante, por exemplo o nome e a altura dos picos máis importantes de cada cordilleira, NON debemos incluíla.

Ademáis, gustaríame pedirvos que fixexedes o esquema en formato WORD e logo mo mandedes tamén neste formato para así poder correxilo e enviarvolo deste xeito. Esto non quita que volo mande tamen en formato PDF. 

Para descargar o superesquema en formato PDF

IMPORTANTE: para o mellor funcionamento dos arquivos debedes descargalos

6EP Xeografía política de Europa Política II


Queredes xogar un pouco coa xeografía de Europa? 


Para xogar coas capitais clica aquí
Para repasar a xeografía fisica clica aquí

IMPORTANTE: para o mellor funcionamento dos arquivos debedes descargalos

mércores, 15 de abril de 2020

Mércores para pensar

Nestes días de confinamento, sen dúbida, unha das nosas xanelas ao mundo son as redes sociais. Estaba eu revisando instagram cando lin esta historia sobre outra pandemia contada por Xavier Aldekoa. Vouvos transcribir as súas palabras:

"Ibrahim era un milagro con la camiseta de Neymar. Tenía 18 meses, los ojos negros y cuando correteaba por la zona más contagiosa del centro de tratamiento de ébola de Kissy, a las afuera de Freetown, la zamarra amarilla del Barça se le subía y le dejaba a la vista el pañal. El día que ingresó, los médicos no tenían demasiadas esperanzas; en aquellos días, la epidemía de ébola que asolaba el país tenía un 62% de mortalidad y en los menores de cinco años las probabilidades de supervivencia eran aún más bajas. Sobrevivía solo uno de cada diez. Pero Ibrahim se salvó. Lo logró porque le sonrió la suerte y porque le sonrieron todavía más decenas de médicos y enfermeros, que cada día acudíam a la zona de contagiados para cuidarlo y abrazarlo.
Algunos historiadores creen que el primer gran vestigio de la evolución humana, por encima del descubrimiento del fuego o la invención de la rueda, es una fractura antigua. El hueso recuperado de una pierna rota marca el inicio de la humanidad; en el reino animal, un hueso roto significa la muerte inevitable. Ningún animal sobrevive a un hueso quebrado. Por contra, una fractura curada desvela el cuidado de los demás. El esfuerzo consciente del grupo para entablillar el hueso astillado, proporcionar comida al herido y protegerlo. Ese cuidado al prógimo nos hace humanos. Esa misma humanidad salvó a Ibrahim cuando parecía imposible. Y es esa misma humanidad la que, en estos días de pandemia, está salvando a tantos y nos está salvando un poco a todos."
Kissy, Sierra Leona 

Estades dacordo coa frase: el hueso recuperado de una pierna rota marca el inicio de la humanidad?  Que creedes vós que nos quere dicir? Explícao.









martes, 14 de abril de 2020

O noso Olimpo


O noso Olimpo comeza a tomar forma e xa se asentaron nel algúns deuses pero aínda nos faltan moitos. Non se anima ninguén máis a enviarme as súas creacións?

6EP Xeografía Política de Europa I

Fíxate neste mapa:


Non notas algo diferente respecto aos mapas de Europa que estás acostumado a ver? Trátase dun mapa político de Europa de principios do século XIX , é dicir, un mapa no que están representados os países e as súas fronteiras no século XIX e como os países e as súas fronteiras están creados polo ser humano estas teñen cambiado moito ao longo da historia.


Queres aprender un pouco sobre a Xeografía Política de Europa? Gustaríache saber que países e que outras organizacións políticas forman parte de Europa?


Para obter mapas mudos en formato PDF

IMPORTANTE: para o mellor funcionamento dos arquivos debedes descargalos



5EP e 6EP Volvemos ao traballo?


Pouco apetece pero é o que nos queda. Lembrade que non tedes que facer todo o que aparece publicado. Simplemente son unha serie de propostas para que escollades as que queredes facer ou a que mellor vos veña facer.
Sen agobios, sen prisas e sen presión; sobranos o tempo e faltan, as veces, as ganas de traballar por culpa de estar pechados. Podedes facelos en papel ou co ordenador, entregarmos online ou cando nos volvamos a ver, escribirme ou mandarme un video, facer un debuxo ou mandarme un mail, entregarmo hoxe ou dentro de 3 semanas. Vos escolledes.

luns, 13 de abril de 2020

Pechei os ollos ....


E cando acordei estaba na Praia de Patos vendo como o Sol se encondía por detrás de Monteferro. Facía un pouco de fresco pero os chinchos con leituga estábanme a saber a gloria. Dende logo creo que é mellor maneira de acabar estas vacacións tan especiais.

Vémonos maña no cole e moitas grazas por acompañarme.
Para ver os vosos lugares de ensoño clicade aquí

domingo, 12 de abril de 2020

Pechei os ollos ...


E cando acordei estaba nos tellados da Catedral de Santiago cun grupo de alumnos escoitando á guía que nos explicaba con moito detalle  o porque do teito de pedra e as almeas. Foi unha viaxe increíble e unha das mellores visitas que fixen na miña vida.
Vémonos na miña próxima parada.

sábado, 11 de abril de 2020

Pechei os ollos ....


E cando acordei estaba nas terras do Apalpador, o Courel. Recorrendo corredoiras, saltando regatos e respirando aire puro. Foi un día de boa comida e verdes paisaxes nas que gocei da compañía dos meus.
Vémonos na miña próxina parada.

venres, 10 de abril de 2020

Pechei os ollos


E cando acordei estaba fronte ao Templo Romano de Évora. Era a primeira vez que estaba fronte a el xa que ata ese momento escoitará falar moito del nos libros e nas clases pero nunca imaxinei a súa beleza. Un momento máxico.
Vémonos na miña próxima parada.

xoves, 9 de abril de 2020

Pechei os ollos ....


E cando os abrin estaba en Campo Lameiro, Pontevedra nunha visista guíada polos seus petroglifos.  Foi unha viaxe máxica xa que tiven a sorte de ir acompañada por unha parella do neolítico e un membro das Irmandades da Fala. Pero, sen dúbida, o que máis me impresionou foi o gravado do gran cervo.
Vémonos na miña próxima parada.

mércores, 8 de abril de 2020

Pechei os ollos .....


E cando acordei estaba na Porta da Fábrica da Vista Alegre, en Ílhavo (Portugal). Era como pasear polo medio dunha vila/fábrica de principios do século XX. Parecía que en calquera momento ían sair por aquela porta un cento de obreiros e obreiras que rematarán a súa longa xornada laboral.
Vémonos na miña próxima parada.

martes, 7 de abril de 2020

5EP e 6EP Non tedes idea de que facer?


Aquí deixovos algún link para que deixedes voar a vosa imaxinación. Boa viaxe

Cidades do Mundo:

Museos do Mundo:





Pechei os ollos ....


E cando acordei estaba no alto da torre máis alta de San Gimignano gozando dun magnífico atardecer na Toscana. A vila estaba moi tranquila e farteime de comer gelatos na praza mentres admiraba a paisaxe. 
Vémonos na miña próxima parada.

luns, 6 de abril de 2020

Pechei os ollos ......



E cando acordei estaba en Penaventura cruzando cal paxaro o val de Bustelo. Milleiros de cousas pasaron pola miña cabeza;  medo, risa, pavor, sorpresa, emoción, velocidade ... ata chegar ao final. Repetiría? Pois non o teño claro.
Vémonos na miña próxima parada.

domingo, 5 de abril de 2020

Pechei os ollos ........


E cando acordei estaba cruzando o río Liffey en Ha'penny Bridge, Dublín. A noite é cálida  e a cidade está iluminada soamente pola lúa. Aínda que é tarde as rúas están cheas de xente sentada nas pequenas terrazas dos pubs.
Vémonos na miña próxima parada.

sábado, 4 de abril de 2020

Pechei os ollos ........



E cando acordei estaba no alto da Acrópole de Atenas mirando cara o Partenón. Acababa de comer unha skanakopita e beber un café con leite mentres subía cara Acrópole de Atenas. Fora cedo para evitar colas e poder gozar tranquilamente das vistas. Estiven máis de 10 minutos mirando para o imponente edificio tratando de imaxinar como fora na Antigüidade.
Vémonos na miña próxima parada.
Para mostrarme os vosos lugares clica aquí

venres, 3 de abril de 2020

5EP e 6EP Reto para unhas estranas vacacións


Propóñovos un reto:
Cada un dos 10 días destas extranas vacacións de Semana Santa na casa publicade unha foto dun lugar onde vos gustaría estar se simplemente pechando os ollos puidésemos aparecer nel. Acompañádeo, se queredes, dun pequeno texto como se dunha postal se tratase.

Vémonos na miña próxima parada!

5EP e 6EP Fabricamos o noso propio Olimpo?




Nestes días de confinamento desde o MNAR propóñenos que fagamos o noso propio Olimpo. Non temos que facer a todos os deuses olímpicos senon so aqueles que nos apeteza. Podémolos facer coas plantillas que nos propoñen desde o museo ou deixar voar a imaxinación e facelos ao noso xeito, ao xeito MC

Podemos crealos en formato recortables, figuras de barro ou de pasta, con materiais reciclados, con ceras, témperas ou lápices de cores. Grandes ou pequenos pero sempre ao voso xeito pero sen esquecer cales son os atributos de cada un deles. É dicir que cunha simple mirada poidamos dicir de quen se trata.

De tal xeito que cando volvamos a estar xuntos, poidamos colocalos nun pequeno altar como o da fotografía. 

Durante o proceso de fabricación e unha vez finalizados podédemos enviar ao meu MAIL e así poder incluilos na galeria de fotos do Olimpo MC



Agardo con verdadeira ansiedade as vosas creacións.




mércores, 1 de abril de 2020

5EP e 6EP MNAR Museo Nacional de Arte Romano


Para este mércores de descanso vouvos propor a visita a un dos meus museos favoritos o Museo Nacional de Arte Romano situado en Mérida (Extremadura). 

Pero para podelo facer tedes que descargarvos nun mobil ou na tablet a App do MNAR Museo Nacional de Arte Romano que atoparedes na Play Store ou na Apple Store. 

Unha vez instalado so tedes que empezar a explorar e buscar .... Recorda que mentres escoitas o audio podes mover as fotografías e ver as distintas pezas do museo.