venres, 12 de xuño de 2020

6EP 3º Trimestre con Coroavirus



Recapitulemos, é dicir, botemos a vista atrás e reflexionemos sobre o que fixemos durante este tempo na casa.

5EP 3º Trimestre con Coroavirus


É tempo de recapitular sobre todo o que levamos feitos nestes case 3 meses e medio sen escola. Imos descubrir todo o que fixemos:

Propostas de Traballo:

Outras Actividades: 

luns, 8 de xuño de 2020

5EP e 6EP Imos acabando



Nestas últimas semanas de curso aproveitade para acabar todos os traballos que vos quedaron a medias durante o curs e tamén para preparar todos os libros de préstamo que tedes nas vosas casas que deberedes traer o día das notas. Lembra que se non devolves o que che presten haberá un alumno ou alumna que quedará sen ese material.

martes, 2 de xuño de 2020

Mércores para Pensar



Non sei se coñecedes o cadro e a súa historia pero o que hoxe quero que fagades é que o observedes durante un pouco de tempo e me digades que vos día a vós. Non tedes que buscar a resposta en ningún lugar senon fixarvos ben e respostar preguntas como Que creedes que representa? Porque está pintado en branco e negro? Que vos provoca admiralo?

Podedes contestar ás preguntas nos comentarios da entrada.

luns, 1 de xuño de 2020

5EP Comunidades Autónomas



Queredes saber algo máis sobre as comunidades autónomas nas que se divide España? Grazas ao proxecto "Ábrese unha porta ..." dunha alumna de 6º podemos coñecer un pouco máis sobre cada un destes terrirorios.