luns, 14 de setembro de 2020

5EP O Método Científico

Arquímedes 

Herón, rei de Siracusa, pediulle un día ao seu parente Arquímedes (aprox, 287 a.C – aprox. 212 a.C) que comprobara se a súa coroa era realmente de ouro puro, pero baixo ningún concepto podería danarse a coroa.

Arquímedes dáballe voltas e máis voltas ao problema sen saber ben como facer ata que un día cando se estaba a meter na bañeira, ocorreuselle a solución. Pensou que o auga que desbordaba da súa bañeira tiña que ser igual ao volume do corpo que estaba sumerxido. Logo, se medía a auga que saía da bañeira ao meter a coroa, coñecería o volume da mesma e a continuación podería comparalo co volume dun obxecto de ouro do mesmo peso que a coroa. Se os volumes non fosen iguais, sería a proba de que a coroa non era de ouro puro.

A consecuencia da emoción que lle produciu o descubrimento, Arquímedes saíu do baño e correu espido berrando EUREKA! EUREKA! Esta palabra grega, que quere dicir atopeino, quedou dende entón como unha expresión que indica a realización dun descubrimento.

Pero cando levou á práctica o seu descubrimento, comprobou que a coroa tiña un volume maior que un obxecto de ouro co seu mesmo peso. É dicir, a coroa de Herón non era de ouro puro senón que contiña prata, un metal menos denso que o ouro.

Fragmento procedente de https://webdeldocente.com/ciencia-y-ambiente-quinto-grado/el-metodo-cientifico/



Ningún comentario:

Publicar un comentario