Este Nadal aínda que toca descansar creo que deberiades facer unha pequena viaxe ao noso pasado da man dalgún dos seguintes libros:
Comezamos cun clásico que ten xa cerca de 50 anos pero segue a ser tan trepidante coma cando se escribiu: Cruzada en jeans de Thea Beckman.
Neste libro narrase a aventura de Rudolph un neno do século XX que por un erro vese obrigado a quedarse a vivir no ano 1212 na Europa medieval. Se te decides a lelo acompañarás a Rudolf por boa parte de centro Europa e Italia.
Nas miñas dúas seguintes recomendacións seguimos na Idade Media pero agora cambiamos de acompañantes. No enigma do Scriptorium vai ser Francisca, unha aprendiz de amanuense, quen deberá descubrir que foi o que en realidade aconteceu no Scrptorium; mentres que en Finis Mundi de Laura Gallego acompañaremos un monxe na súa misión de parar o Tempo.
Pero se as enchentas de turrón de chocolate fan este tipo de lecturas moi pesadas sempre vos podedes decantar polos cómics. E nesta ocasión o meu consello céntrase en dous clásicos da banda deseñada: Tintín e Asterix e Obelix que ben podedes se sodes valentes ler na lingua orixinal, o francés, ou incluso en latín. Alguén se atreve?
Ningún comentario:
Publicar un comentario