domingo, 23 de xaneiro de 2022

Este virus non nos deixa respirar! Semana do 24 de xaneiro ao 28 de xaneiro

 

Este virus non nos da tregua e moitos de vós tedes que seguir na casa. Pero para que non botedes de menos a escola deixovos aquí o que imos facer esta semana en CIENCIAS SOCIAIS:

  • Continuaremos o noso estudo das PAISAXES de INTERIOR profundizando na aprendizaxe do VOCABULARIO da PAISAXE de CHAIRA. Deixovos aqui o enlace para que poidades descargar as definicións e pegalas na libreta de vocabulario ou se preferides escribilas.
  • Aproveitaremos para facer as ACTIVIDADES de Paisaxe de Montaña e de Chaira que podedes descargar neste enlace e así simplemente pegar, ler e contestar.
  • Seguiremos estudando que é unha PAISAXE de CHAIRA. Para eso simplemente teredes que buscar no E-Book a teoría sobre este tipo de paisaxe e copiala na vosa libreta grande. Clica aqui para consultar o E-Book das Paisaxes.
  • Finalmente lembrade que ao final desta semana deberesdes saber: o vocabulario da PAISAXE de CHAIRA e repasar o vocabulario da PAISAXE de MONTAÑA asi como tamen as definicións de paisaxe, relevo, elementos naturais da paisaxe, elementos artificiais da paisaxe e paisaxe de montaña. 
Pero estade atentos ao blog que pode haber algunha que outra sorpresa en forma de xogo para finais da semana e LEMBRADE que NON hai que agobiarse senon damos feito todo o traballo. Ä volta xa repasaremos xuntos.
Boa semana a todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario