luns, 17 de xaneiro de 2022

Seguimos na casa Semana do 17 de Xaneiro ao 21 de Xaneiro


Aínda estades na casa? Aburridos? Ánimo que seguro que xa vos queda menos para poder vir á escola. Esta semana unha vez que xa sabemos que é unha paisaxe imos comezar a estudar os seus tipos empezando polas PAISAXES DE MONTAÑA:

  • O primeiro que imos facer é copiar o esquema dos TIPOS DE PAISAXE (ver E-Book páxina  8) na libreta grande de sociais en posición horizontal.
  • Despois estudiaremos o VOCABULARIO relacionado coa PAISAXE DE MONTAÑA (ver E-Book páxina 12) que debedes copiar na libreta de Vocabulario na parte de Sociais; aínda que se non pensades tardar en volver esperade e douvos eu unha fotocopia.
  • Finalmente comezaremos a explicación sobre a PAISAXE DE MONTAÑA (ver E-Book páxina 9 e 10)
En definitiva, cando acabemos a semana teremos que saber ben o VOCABULARIO  da PAISAXE DE MONTAÑA e NON vos esquezades que se non vos aclarades sempre podedes mandarme un E-MAIL ou preguntarlle a un compañeiro/a de clase.
Espero tervos sido de axuda e que saibades que estamos desexando vervos no cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario