Era media noite e media cando en moitos cuarteis do exército portugués, capitáns e soldados escoitaban a radio na procura dunha música que anunciara que os plans de acabar cun goberno ditatorial, que duraba xa máis de 50 anos, ían cara adiante.
Grândola soou e os lisboetas acordaron a maña do 25 de abril coas rúas cheas de militares. A consigna era que o pobo permanecese nas súas casas. Mais o pobo saíu á rúa e coa esperanza no peito aclamou aos soldados e encheu as súas armas de caraveis vermellos.
Foi asi como Portugal acadou a democracia e as súas colonias, Angola, Moçambique, Guiné, Sao Tome e Príncipe, Cabo Verde e Timor iniciaron o camiño cara a súa independencia.
Porque o povo é quen máis ordena
Viva o 25 de Abril!
Viva a liberdade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario