Despois dunha fantástica estadía por terras lusas neste pasado mes de maio, chegou o momento de visitar aos nosos colegas portugueses.
Malia ter sido unha estancia curta, os rapaces e raparigas do Joao de Meira puideron compartir aulas e aprendizaxes cos nosos nenos de 2 de ESO. Así com tamén reafirmar os lazos de amizade cos nenos e nenas que viaxaran no curso pasado a Guimaraes.
Ao mesmo tempo os seus mestres aproveitaron para intercambiar experiencias educativas cos nosos compeñeiros e compañeiras de Primaria e a ESO.
Pero non podiamos rematar de mellor xeito esta experiencia cun bo xantar na nosa Carballeira da Lagoa ao ritmo de muiñeiras, pasodobres e xotas que evidenciaron a nosa herdanza común.
Moitas grazas por facer posible este proxecto a todos os alumnos/as, familias, profesores/as e persoal do centro.
Obrigada por nos receberem, foi um momento de grande partilha. Até breve!
ResponderEliminar