Semana do 20/9/24 ao 27/9/24
CIENCIAS SOCIAIS:
conxunto de ciencias que estudan o comportamento dos seres humanos e as
súas actividades. Entre as Ciencias Sociais destacan: a Xeografía, a
Historia, a Economía, a Arqueoloxía, a Socioloxía, a Pedagoxía, a
Psicoloxía …
XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.
HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.

XEOIDE: nome que se lle da á forma da Terra. Trátase dunha esfera achatada polos polos.
CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.
OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.
MARES: son porcións de auga salgada de menor tamaño que os océanos e xeralmente situados cercanos ás costas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario