Onte abriuse o día cun sol espectacular que deixou asombrados a nenos e maiores. Non entanto, as causas deste fenómeno de gran beleza están nos lumes que están a arrasar o Norte e centro de Portugal.
Hoxe continúan 144 incendios activos no país veciño coa conseguinte destrución de foresta e perdida de hábitat para moitos animais, así como tamén, para moitas persoas.
A magnitude da situación deixanos fotos satélite na que se pode apreciar tanto o tamaño das áreas que arden como o fume que avanza cara o océano e o Norte. Os esforzos por apagalos non dan chegado e agora so nos queda esperar un cambio no tempo e que as chuvias solucionen unha parte do problema. Logo virá a recuperación das áreas arrasadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario