O 10 de decembro pasado iniciamos un ciclo de charlas para os
alumnos e alumnas de 4º de ESO co título 50
anos en liberdade
onde temos previsto que nos acompañen ao longo de todo este curso 2025-2026 diversos persoeiros para falarlles aos vosos fillos/as do que supuña
vivir baixo unha ditadura e o que supuxo para eles acadar a liberdade
democrática.
A nosa primeira visita foi a de Xosé Fortes Bouzán, membro fundador da Unión Democrática Militar, director da primeira revista infantil e xuvenil en galego, Vagalume, membro da corporación municipal pontevedresa durante a transición e profesor de Historia xubilado.
Ademais, como interlocutor do profesor Fortes contamos coa presencia de Fernando Arias, antigo profesor de Historia do noso centro; alén de mestre e compañeiro de moitos dos profesores da escola.
A charla acadou, dende o seu inicio, a atención de moito do alumnado de 4ESO que non dubidou, nas clases posteriores, en preguntar as súas inquedanzas sobre algunha das cuestións das que ali se falaron.
Esperemos que as proximas charlas desperten o mesmo interese.

Ningún comentario:
Publicar un comentario