luns, 26 de xaneiro de 2026

 


Tal día como hoxe, hai 81 anos, o exército soviético liberaba o campo de concentración de Auswitch-Bikernau (Polonia); poñéndolle entón cara ao horror máis absoluto.  Austwitch-Birkenau foi o lugar onde foron asasinados máis dun millón de persoas simplemente por ser xudeus, xitanos, discapacitados, enfermos mentais, homosexuais, comunistas, contrarios ao nazismo, prisioneiros de guerra .... En definitiva,  unha sin razón que debemos coñecer para nunca esquecer e evitar así a súa repetición.
Se queredes  saber máis podedes  consultar calquera destes links:

xoves, 8 de xaneiro de 2026

3ESO Tema 3: Humanismo e Renacemento

 


Clica aquí para acceder á presentación do tema. Lembra que aquí tamén vas a atopar as imaxes que imos ver en clase.

Comezamos


 



50 anos en liberdade

    O 10 de decembro pasado iniciamos un ciclo de charlas-coloquios para os alumnos e alumnas de 4º de ESO co título 50 anos en liberdade onde temos previsto que nos acompañen ao longo de todo este curso 2025-2026 diversos persoeiros para falarlles aos vosos fillos/as do que supuña vivir baixo unha ditadura e o que supuxo para eles acadar a liberdade democrática.
    A nosa primeira visita foi a de Xosé Fortes Bouzán, membro fundador da Unión Democrática Militar, director da primeira revista infantil e xuvenil en galego, Vagalume, membro da corporación municipal pontevedresa durante a transición e profesor de Historia xubilado.
   Ademais, como interlocutor do profesor Fortes contamos coa presencia de Fernando Arias, antigo profesor de Historia do noso centro; alén de mestre e compañeiro de moitos dos profesores da escola.
    A charla acadou, dende o seu inicio, a atención de moito do alumnado de 4ESO que non dubidou, nas clases posteriores, en preguntar as súas inquedanzas sobre algunha das cuestións das que ali se falaron.
    Esperemos que as proximas charlas desperten o mesmo interese. 
     
     
 
 

mércores, 31 de decembro de 2025

 

 Que este novo ano estea cheo de HYGIA, ZOÈ , GHARA, EIRENE, EUZIMIA e ELPIS ou o que é o mesmo saúde, vida, alegría, paz, bo ánimo e esperanza.

Feliz 2026

mércores, 24 de decembro de 2025


Que o Apalpador traia xustiza social e o tizón de Nadal fartura ás vosas casas.
Bo Nadal

martes, 16 de decembro de 2025

 

IO SATURNALIA


As SATURNALIA tiñan lugar ante diem XVI Kalendas Ianuarias – ante diem X Kalendas Ianuarias (entre 17 e 23 de decembro) e estaban adicadas a SATURNO, deus de orixe moi antigo que gobernara o mundo na Idade de Ouro tempo no que homes libres e escravos eran iguais.A tradición romana tamen atribuía a Saturno a aprendizaxe aos homes do cultivo do campo de ai que se lle veneraba como deus protector da sementeira.

O seu templo, situado no Foro fronte a ladeira do Capitolio, non era soamente o lugar de culto ao Deus senon que se converteu na sede do  , é dicir, na sede do tesouro do Estado (hoxe en día unha especie de Banco de España). No seu interior a estatua do deus estaba atada cunha corda de la que so era desatada durante as festas para que Saturno poidera disfrutar delas.

As celebracións públicas consistían nunha serie de sacrificios con capite aberto, a cabeza descuberta, e finalizaban cun convivium publicum, un banquete ao que asistían todos aqueles que o desexasen.

Eran un tempo no que todos os establecementos estaban pechados, as rúas rebosaban de alegría e todos, libres e escravos, disfrutaban delas sen distinción. Tamen era un tempo de contrastes xa que moitas veces o que estaba prohibido o resto do ano permitiase; así por exemplo, permitíanse as apostas e xogos de azar nas rúas. As celebracións privadas en cambio centrábanse en reuniones socias e banquetes onde se realizaban bromas e chistes.

O máis curiuoso deste tempo de festa e que durante el os escravos eran completamente libres de facer o que quixesen. Cidadáns e escravos lucían o pilleus ou gorro da liberdade que simbolizaba a igualdade entre seres humanos. Era tamen costume que neste tempo os escravos puidesen sentarse á mesa dos amos ou incluso que fosen os amos quen servisen aos escravos.

Casas e cidade engalanábanse durante estes días con pólas decoradas con velas nun intento de dar luz aos días máis oscuros do ano. O último día da festa ou sigillaria intercambiábanse regalos entre familiares e amigos cercanos.

Non vos lembra a algunha das nosas festas?

luns, 24 de novembro de 2025

25 N Día contra a Violencia de Xénero

 

RESTVTVS PISCINESIS / ET PRIMA RESTVTA PRIMAE / FLORENTIAE FILIAE CARISSIMAE / FECERVNT QVI AB ORFEV MARITV IN / TIBERI DECEPTA EST DECEMBER COGNATV/S / POSVIT Q(uae) VIX(it) ANN(os) XVI

ou o que é o mesmo

Restutus Picinesis e Prima Restuta fixérono para a súa moi querida filla Prima Florentia, quen foi arroxada ao Tíber polo seu marido Orfeo. December, un parente de sangue, puxoo. Viviu dezaseis años.

Está antiga inscripción funeraria mostra unha realidade vixente ainda hoxe 2000 anos despois: a violencia dos homes contra as mulleres.

Non deixemos que esta historia continue. Loitemos contra á violencia. 

 Para saber máis sobre a Violencia contra as mulleres na Antiga Roma: clica aquí 

domingo, 23 de novembro de 2025

 

Hai hoxe 50 anos NO de Etiopia, no val de Afar un equipo etíope- americano celebraba o descubrimento esa mesma maña dun esqueleto bastante completo dun homínido descoñecido ata ese momento. 

Lucy ou Tinkenesh como a chaman os etíopes foi 

 

 

Queres saber más?

sábado, 25 de outubro de 2025

1946 anos da erupción máis famosa do Vesubio

Tal día como hoxe no ano 79 d.C. entraba en erupción o Vesubio, un volcán situado ao pé do golfo de Nápoles. 

A erupción ademais de repentina foi dunha gran intensidade o que obrigou aos habitantes das vilas cercanas ao volcán, Herculano, Oplontis, Pompeia e Estabiae, a fuxir ou buscar refuxio cerca do mar.

O ceo tinguiuse de negro, o ruido era ensordecedor e chovia cinza e pedras pomez. Homes, mulleres e nenos, patricios, plebeios ou escravos, abandoaban co posto os seus fogares mentres os temblores de terra sucedíanse.

Sen embargo, algunhas persoas decidiron quedar e buscar refuxio no triclinium dunha casa, nas adegas do porto ou na parte posterior dun xardín. E foi ali onde morreron asfixiados polos gases tóxicos emanados polo volcán.

A erupción borrou da faz da terra as cidades de Herculano, Oplontis, Pompeia e Estabiae e pero ao mesmo tempo preservounas tal e como estaban nese fatídico día de outono para que os arqueólogos puidesen atopalos moitos séculos despois.


Hoxe en día Pompeia e Herculano seguen sendo unha caixa de sopresas para os arqueólogos e dende logo un lugar que paga a pena visitar.


sábado, 18 de outubro de 2025

 

Tal día como hoxe hai 91 anos que as mulleres votaron por primeira vez no noso país. E foi unha muller, Clara Campoamor, a encargada de defendelo. Aqui tes un enlace ao texto íntegro do seu discurso fronte as Cortes e se queres saber máis xa sabes clica aquí.

sábado, 11 de outubro de 2025

Hoxe fai 533  anos que Cristobal Colón descubría por casualidade un novo continente que hoxe en día coñecemos como América.
A comezos do ano 1492 Cristóbal Colón conseguira convencer a Raíña de Castela Isabel para que lle prestará o diñeiro necesario para realizar unha novedosa expedición que lle permitise atopar unha nova ruta comercial cara a Asia.
Así o 3 de Agosto de 1492 tres barcos partían do porto de Palos de la Frontera coa misión de navegar cara ao Oeste na procura desa nova ruta comercial. Tras case dous meses e medio de durísima navegación tocaban terra nunha pequena illa do Caribe ao que chamaron La Española ...
... e o demais xa é Historia 

domingo, 14 de setembro de 2025

3ESO Actividades Mapa Mudo Península Ibérica

 

Imprime e despois sitúa no seguinte mapa mudo da Península Ibérica:

  • Os seus límites
  • As cordilleiras periféricas
  • As Cordilleiras que rodean á Meseta
  • A Meseta Castelá, a submeseta Norte, a submeseta Sur, o Sistema Central e os Montes de Toledo.
  • Todos os ríos da vertente Atlántica, o río Ebro, o Xúcar e o Segura.
  • Illas Baleares e as Illas Canarias.

mércores, 10 de setembro de 2025

3ESO Mapas Mudos

 Para poder aprender ben onde se localizan os diferentes acidentes do relevo nun mapa ou onde está situado un pais, unha cidade ou unha vila é moi importante traballar con mapas mudos.

Velaí vos deixo un enlace para que poidades descargar os que precisedes

luns, 8 de setembro de 2025

 Queres facer un dossier perfecto ao tempo que estudas HIstoria? Clica aquí e verás como.

  

Antes de comezar a estudar Historia dun xeito científico é necesario que aprendamos non só o que é a Historia e para que nos sirve senon tamén que técnicas de traballo son fundamentais para a súa comprensión e aprendizaxe.


MATERIAS NECESARIOS

 

 

 Ademáis necesitaredes:

  • un par de sobres de PLÁSTICO tamaño A4 para entregar o dossier.
  • bolígrafos azul, negro e vermello.
  • Lapis e goma.
  • Subliñador.
  • Regra pequena.
  • Pegamento e tesoira. 

domingo, 7 de setembro de 2025

 

Comezamos hoxe unha nova singladura que nos vai levar polos Sete Mares, en dornas, goletas e caiúcos. Na que atravesaremos algunha que outra tempestade e navegaremos con moita mar calma. Un periplo que nos vai permitir comprender o noso pasado e compoñer un novo futuro máis libre, máis xusto e máis igualitario.

Benvidos AO CURSO 2025-2026


martes, 8 de abril de 2025

FVLLONICA de STEPHANOS


Hoxe abre as súas portas na clase de Historia da ESO a FVLLONICA de STEPHANOS. Un establecemento comercial rexentado por Stephanos un bussiness-man feito a si mesmo onde ademais de lavarte a roupa podes apostar aos dados, ter os teus propios personal shoppers, tomar un vaso de viño como rezar a deusa Minerva.

:

Hoxe da comezo a Semana Cultural:  unha semana integramente dedicada á MODA que estará chea de teatro, ciencia, Historia, bonecas, xogos, música e como é lóxico moita, pero que moita ...

Veña que comece a FESTA!!!
8 ao 11 de Abril do 2025

 

martes, 11 de febreiro de 2025

Frikadas

 

 

So queda decidir cal  vai ser a lexión que vai ter a sorte de ter entre as súas filas aos nosos lexionarios e lexionarias.

domingo, 19 de xaneiro de 2025

Spin Offs da Ilíada e a Odisea

Sabedes que nos últimos anos estanse a publicar numerosas novelas inspiradas na Ilíada e a Odísea? Algunhas delas fano desde o punto de vista das mulleres e outras converten en protagonistas a personaxes esquecidos pero, sen dúbida, esta pode ser unha boa maneira de acercarnos aos clásicos da nosa literatura.

Animadesvós a ler algunha delas?

Recomendacións lectoras

Tres personaxes, tres momentos históricos, dous ríos, unha gota de auga e o poema máis antigo conflúen nunha novela cautivadora que fai viaxar a nosa imaxinación desde a antiga Nínive ata a actual Londres para descubir as orixes da asirioloxía, aos yazidíes e reflexionar sobre os problemas éticos que asolan o noso planeta.

Magnífica!

"Escribir es liberarse de las limitaciones del tiempo y el espacio"

Elif Shafak

xoves, 16 de xaneiro de 2025

 

Canta, oh deusa, a cólera do pélida AQUILES; cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos, aos que fixo presa dos cans e de todas as aves --- cumpríndose así a vontade de Zeus --- a partir do instante  no que, por primeira vez se enemistaron o átrida, rei de homes e Aquiles o divino.

Canto I da Ilíada