Praia de Rodas. Illas Cíes |
Agora que xa acabou o curso só me queda desexarvos unhas moi felices vacacións e darvos unha breve lista de deberes para este verán:
1. Pola maña, por veces, camiña sen
compañía pola beira do mar. Mira como o sol se reflexa na auga mentres pensas
nas cousas que máis che gustan na vida e sinteste feliz.
2. Intenta usar todas as palabras novas que
aprendeches este ano: poderás dicir máis cousas, poderás pensar máis
cousas e, canto máis penses, máis libre vaste sentir.
3. Lee o máximo posible. Non porque o teñas
que facer. Lee porque o verán te inspira aventuras e soños. Lendo, sentiraste
coma os paxaros voando. Lee porque é a mellor forma de rebelión.
4. Evita todas as cousas, situacións e
persoas que te fagan sentir negativo e baleiro. Busca situacións estimulantes e
amigos que te aprecien e te entendan por ser quen es.
5. Se te sintes triste ou asustado, non te
preocupes. O verán, como todas as grandes cousas, transtorna a alma. Intenta escribir
un diario onde poidas ecribir sobre os teus sentimentos (e en setembro se queres
podemolo ler xuntos).
6. Baila; sen sentir vergonza na rúa,
cerca da túa casa ou na túa habitación. O verán é un baile. Sería una vergonza non formar parte del.
7. Alomenos unha vez tes que ver o mencer.
Estar aí en silencio e respirar. Pechar os ollos, agradecido.
8. Practica moito deporte.
9. Se atopas unha persoa que te gusta
moito, dillo con sinceridade e toda a gracia da que sexas capaz. Non pasa nada tanto
como se o entende como senon. Se non é recíproco, entón non estaaba previsto que
el/eela formase parte do teu destiño. Pola contra, o verán do 2015 é unha gran
oportunidade para camiñar xuntos (e se non funciona volve o punto 8).
10. Lembra o que aprendeches na escola e
consulta os teus apuntamentos.
11. Se feliz como o sol e indomable como o
mar.
12. Non digas palabrotas. Se sempre
educadísimo e xentil.
13. Goza dos filmes con diálogos emotivos,
sobre todo en ingles. Axudarante a mellorar as túas habilidades lingüísticas e
as túas oportunidades de soñar. Non deixes que o filme remate nos créditos.
Vive a experiencia todo o veráan.
14. Durante o día ou a noite, soña con como pode ser a túa vida.
Durante o verán, colle forzas para non rendirte e fai todo o que poidas para
conseguir eses soño.
15. Se bo.
Fragmento dos traballos de verán enviados polo Profesor Cesare Cata aos seus
alumnos do Lizeo delle Szience Umane Don Bosco de Fermo (Italia).
me ha encantado
ResponderEliminarme ha encantado
ResponderEliminar