Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro
que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Descarga os seguintes
arquivos e gravaos na túa carpeta de sociais:
2. Logo debes ir á carpeta de
programas e abrir un programa chamado Xournal, que vos permite
convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal,
ir á pestana file/arquivo e clicar en Annotar
un PDF e buscar na carpeta de
Sociais o arquivo que descargaches antes, neste caso será o de arte exipcia.
4. Empezar a completar as
actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o
Xournal. Lembrade que podedes utilizar o libro e a libreta.
5. Como nunha clase non vos
vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que
gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e
clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos
que o gardades na vosa carpeta.
6. Cando acabedes o traballo
tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario