mércores, 20 de decembro de 2017


Que o Apalpador traia xustiza social e o tizón de Nadal fartura as vosas casas.
Bo Nadal

martes, 28 de novembro de 2017

Misión 1914: O Pergamiño Vindel

Para elaborar o informe da que será a vosa tapadeira durante a vosa misión deberedes seguir as seguintes instrucións:
  • O informe debe estar escrito en folios brancos por unha soa cara e baixo os que podedes por unha plantilla mentres o escribides.
  • Debe estar todo el escrito a bolígrafo; estando as preguntas nunha cor e as vosas respostas a outra.
  • As respostas deben ser o máis longas posibles, formando pequenas redaccións nas que utilicedes toda a información que recollechedes durante a investigación.
  • Como portada utilizaredes o papel que vos entreguei sobre as personaxes. Alí deberedes escribir o voso nome, apelidos e curso.
  • No fin do informe deberedes entregar unha pequena bibliografía, é dicir, a listaxe de libros ou páxinas web que consultáchedes para facer o traballo.
  • Se queres e consideras que pode ser interesante inclúe algunha ilustración ou debuxo sobre a túa personaxe, o lugar no que vivía ou como vestía.
Boa sorte!
E non vos esquezades que se tedes algunha dúbida
aquí estou eu para axudar

xoves, 16 de novembro de 2017

Interesante e inquietante noticia hoxe no xornal



Parece que nun planeta a 11 millóns de anos luz podería existir vida ... xa no estamos so na galaxia!
Para saberes máis: clica aquí

luns, 6 de novembro de 2017

martes, 24 de outubro de 2017

mércores, 18 de outubro de 2017

5ºEP Curiosidades de Sistema Solar



  • Se o Sol se apagase non seriamos conscientes ata uns 8 minutos despois cando  deixásemos de ver a luz.
  • A montaña máis alta do Sistema Solar é o Monte olimpo, un volcán marciano que ten unha altura de 27 km.
  • Se puidésemos viaxar en avión polo espazo chegariamos a Lúa nuns 16 días, a Marte uns 10 anos e ao Sol uns 19 anos.
  • O nome en castelán dos planetas do Sistema Solar, coa excepción da Terra, corresponde co nome dalgunhas divindades romanas: Mercurio, o deus do comercio; Venus, a deusa do amor e a beleza; Marte, o deus da guerra; Xúpiter, o deus creador do universo; Saturno, o deus da agricultura; Urano, o deus grego do ceo e Neptuno, o deus do mar.
  • Mercurio é o planeta coas temperaturas máis extremas. Nun día pasa de 420ºC a -185ºC.
  

luns, 16 de outubro de 2017

Libros, libros e máis libros

Agora que vos estades a convertir en verdadeiros especialistas na Idade Media vouvos recomendar tres libros de lectura ambientados no medievo:



O enigma do Scriptorium: Novela policíaca ambientada na Toledo de Afonso X, o Sabio. Tres mestres asasinados, as páxinas dun códice arrancadas e a vida dunha copiasta en perigo.

Finis Mundi: un monxe, un trobador e unha xograr teñen a dificil misión de salvar o mundo do seu fin mentres viaxan desde Fisterra ata Inglaterra.

Cruzada en vaqueiros: un clásico da literatura xuvenil no que o protagonista viaxa por accidente no tempo e atopase no medio dunha das cruzadas máis famosas da Idade Media, a cruzada dos nenos.


Bibliografía


Cando facemos un traballo de investigación é moi importante que tomemos nota de todos os libros, páxinas web ou outras fontes nas que buscamos información. Aquí temos unha pequena lista dalgúns dos libros que podemos consultar:
  • Barzotti, E: La máquina del tiempo.Estudio Didáctico.
  • Beaumont, E: La Edad Media
  • Langley, A: La vida medieval. Biblioteca Visual Altea. Madrid 1996
  • Nuño Glz, J: Una aldea en tiempos del románico.
  • Nuño Glz, J: Peregrinar a Compostela en la Edad Media.
  • VVAA: Medio 5. Editorial Vicens Vives.
  • VVAA: Fisterra 2. Editoriak Vicens Vives
  • VVAA: XH 2. Editorial Vicens Vives.
Todos estos libros deben aparecer ao final do teu traballo nun apartado que se chama Bibliografía.

xoves, 12 de outubro de 2017

martes, 10 de outubro de 2017

Arquitectura Gótica


Arquitectura Medieval: Centros de Interés


  • Vivenda Privilexiada: os castelos: A. V. e S. N. P.
  • Murallas e pontes: M. A. e I. C.
  • Igrexa Románica: M. A. e J. L.
  • Igrexa Gótica: A. D. e A. H.
  • Mosteiros: H. de la T. e G. F.
  • Vivendas non privilexiadas: no campo e máis nas cidades: E. C. e N. D.
  • As cidades Medievais: A. P. e X. C.
  • Conventos: L.V. e N.C.

Arquitectura Medieval



ARQUITECTURA: é a arte e a ciencia de proxectar, deseñar, construír e modificar o hábitat humano, incluíndo edificios de todo tipo (pontes, murallas, casas, mercados,castelos, pazos, igrexas, sinagogas, mesquitas, mercados, casas do concello, lonxas ...)

A Idade Media en 10 minutos


O tempo é o que é

Benvidos ao Ministerio do Tempo?
Ver video 18:30 a 22:15

domingo, 8 de outubro de 2017

Para saberes máis


En Galego ou Português
    . A catedral de Santiago: Clica Aquí
    . As mulleres na lírica portuguesa: Clica Aquí
    . Base de datos da Lírica Galego-Portuguesa: Clica Aquí
    . UD: Idade Media Galega: Clica Aquí

En Castelán:
     . Síntese da Idade Media: Clica Aquí
     . Idade Media para Primaria: Clica Aquí

En English
     . Daily Life: Clica Aquí
     . Tempos de Guerra: Clica Aquí
     . Arquitectura Medieval: Clica Aquí
     . Como se vivía na Idade Media?: Clica Aquí

En Français
     . Os nenos durante a Idade Media: Clica Aquí
     . Os campesiños: Clica Aquí

mércores, 4 de outubro de 2017

5ºEP Esquema Sistema Solar


SISTEMA SOLAR: parte da Vía Láctea cercana aos seu bordo que ten no seu centro unha estrela, o Sol, ao redor do cal xiran os planetas.

domingo, 1 de outubro de 2017

Búscanse funcionarios para o Ministerio do Tempo.

Requisitos: Ter entre 9 e 13 anos, coñecementos básicos de castelán, galego, inglés ou francés; desexo de aventura e moitas ganas de viaxar.

Data de selección: Todos os Martes as 9:00 na aula de Ciencias Sociais e Naturais.

Salario: A negociar.

venres, 29 de setembro de 2017

luns, 25 de setembro de 2017

A Antiga Grecia en 15 minutos

Como non temos tempo para estudar todas as etapas históricas coa mesma profundidade imos ver un pequeno video que nos pon ao día sobre a Antiga Grecia.


venres, 15 de setembro de 2017

A Prehistoria

Benvidos ao fantástico mundo da PreHistoria, unha parte do pasado humano que so coñecemos a través da arqueoloxía e que nos desvela como eramos ...




Como fabricar un bifaz achelense


luns, 11 de setembro de 2017

A volta ao cole


Que imos a aprender en 5ºEP?

Durante este curso, estos son algúns dos temas sobre os que imos falar:


  • O universo e o sistema solar
  • A representación da Terra: os mapas.
  • Climas e paisaxes do mundo
  • A poboación de España e Europa
  • Introdución á Ciencia Histórica
  • Introdución á Xeografía física do mundo
  • Xeografía política de Europa e África
Obradoiro de Historia: O tempo é o que é.

Que imos aprender en 6ªEP?

Este curso entre outras cousas imos investigar sobre:
  • O Relevo da Terra
  • O medio físico de Europa
  • O medio físico de España
  • As actividades económicas
  • A empresa e o traballo
  • Xeografía política de Europa, Asia e América
  • Introdución á Ciencia Histórica
Obradoiro de Historia: O tempo é o que es.
Proxecto: 

venres, 1 de setembro de 2017

Radio Martin Códax


No aire en 4 grandes pasiños:

1º Paso: Para poder comezar  temos que saber que é un programa de radio, que tipos de programas de radio existen, que recursos necesitamos para facer un programa de radio, como é o modo de falar  e expresarse na radio, como se capta a atención do oínte, que función ten a publicidade ...
Radio 3º de Primaria: clica aquí

2º Paso: Escoller que tipo de programa queremos realizar e que temas imos tratar. O máis sinxelo para empezar e escoller un único tema sobre o que poidamos transmitir información, profundizar no asunto escollido e completalo con entrevistas, reportaxes, debates ...
A min gustaríame facer un programa de viaxes no que puidesemos falar dun ou varios paises, da súa historia, da súa gastronomía,dos seus monumentos, das súas personaxes, entrevistar a viaxeiros ....
Podcast de Viaxe: clica aqui

3º Paso: Creación dunha escaleta e elaboración dos contidos do programa. 
Para ver un modelo de guión radiofónico: clica aquí
Módelo de escaleta: clica aquí


4º Paso: Practicamos la locución antes de la gravación e buscamos que apps vai ser útil no noso próposito.
Consellos para a locución: clica aquí
Apps para crear unha radio: clica aquí

Pasos Básicos


αγγειοπλαστική


Para ver a decoración dalgúns de vasos gregos: clica aquí

xoves, 22 de xuño de 2017

Traballo para o Verán 2017

Aqueles alumnos que teñan que volver a examinarse da materia de Ciencias Sociais en setembro deberán realizar o traballo que se indica nos seguintes enlaces:

   . 1ESO            
   . 2ESO
   . 3ESO            
   . 4ESO             .
           
   Para o resto recoméndovos un bo descanso e algo de lectura desta selección clica aquí
Saúde e Terra

luns, 12 de xuño de 2017

xoves, 8 de xuño de 2017

martes, 30 de maio de 2017

4ESO O album de Auschwitz


Os membros da SS fotografiaron en maio de 1944 todo o proceso que seguían os prisioneiros camiño das cámaras de gas


Para ver o Album: Clica Aquí
Información en castelán: Clica Aquí

luns, 29 de maio de 2017

Consulta o Oráculo de Delfos?

De cara aos finais tal vez deberíades facer como os antigos Grecios e consultar ao famoso Oráculo de Delfos para saberes que é o que vos vai departir o futuro.
Como todo, o oráculo tense modernizado e agora podedes facerlle a pregunta que queirades a través de internet: clica aquí para coñecer o teu futuro. Eso sí as respostas da Pitonisa continúan a ser crípticas e enigmáticas ...
PD: Desde este blog non nos facemos cargo das consecuencias das interpretación equivocadas das palabras da Pitonisa.


martes, 23 de maio de 2017

3ESO Piramide de Marslow


A. Maslow foi un psicólogo estadounidense que estableceu unha xerarquía de necesidades segundo a cual o ser humano non podería pasar ao chanzo seguinte se non ten aseguradas as necesidades do chanzo anterior.

mércores, 10 de maio de 2017

4ESO España no século XX

Tema 9: España no século XX 1902-1978

 . España entre 1902-1907 (páxs 188-189)
. A ditadura de Primo de Rivera (páxs. 190-191)
. A II República Española (páxs. 192-193)
. O Bienio Reformista 1931-1933 (páxs. 194-195)
. O Bienio Conservador 1933-1935 (páx 198)
. A Fronte Popular (1935-1936) (páx 199)
. A Guerra Civil 1936-1939 (páxs. 200-205)
. Bases do Franquismo 1939-1975 (páxs 276-277)
. A posguerra 1939-1959 (páxs. 278-279)
. O desenvolvemento económico 1959-1975 (páxs 280-281)

 Vocabulario do Tema: Clica Aquí 
Preguntas sobre o tema: Clica Aquí

EXAME DO TEMA:  31 Xuño 2017

Hastings 2017

Thank you for your time!

luns, 1 de maio de 2017

4ESO British Week



Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algúns dos máis importantes estilos artísticos desde o século XVIII ata o século XX. Cada un de vós ten asignado un estilo  (ver Edmodo) sobre o que deberedes buscar información para sinalar as súas características e despois comentar algunha das súas obras máis destacables.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula no mes de xuño.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...


3ESO British Week


Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algunha das máis importantes obras de arte barroca. Cada un de vós ten asignada unha obra (ver Edmodo) sobre a que deberedes buscar información e na que deberedes identificar as principais características do barroco.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula nas datas sinbaladas.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...

Listado de Obras e Datas
Apuntamentos Arte Barroca


2ESO British Week


Durante a semana do 1 ao 7 de maio os alumnos realizarán durante as horas de clase o caderno de demografía que se pode descargar ao final deste post. A entrega de dito traballo é obrigatorio e deberase realizar o día 12 de maio.
Descargar Caderno de Demografía

1ESO British Week

Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Unha vez encendido o ordenador, descarga o seguinte arquivo ABALAR-Arte Grega e gravao no escritorio do ordenador.
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que os permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal, ir a pestana file/arquivo e clicar en Annotate PDF e buscar no escritorio o arquivo que descargaches antes ABALAR-Arte Grega.
4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal.
5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades no escritorio.
6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com

luns, 24 de abril de 2017

3ESO A organización política das sociedades

Empezamos hoxe cun tema, que aínda que hoxe parece moi lonxe, vai estar presente sempre nas vosas vidas. Lembrade que a soberanía reside nos cidadáns e que somos nós os que decidimos o noso futuro mediante o voto.
Preguntas sobre o Tema: Clica Aquí
Esquema sobre a Organización política de España: Clica Aquí

venres, 21 de abril de 2017

4ESO O antisemitismo

Unha das bases ideolóxicas do nazismo foi a persecución e exterminio de calquera minoria, disminuidos físicos ou psíquicos así como tamen socialistas, comunistas e demócratas. Pero, sen dúbida, unha das minorías máis afectadas foi a xudía que perdeu máis de 6.000.000 de individuos. Aqui tedes unha serie de testimonios de xudeus que sufriron as persecucións.

Parabéns Roma


Parabens Roma no teu 2770 aniversario!

luns, 17 de abril de 2017

O monte Testaccio


O Testaccio é un outeiro de 35 metros de altura situado en Roma formado polos restos de ánforas de transporte que chegaron á cidade entre os séculos I e III d.C. Curiosamente a gran maioría das ánforas proviñan da Bética, no sur de Hispania, de onde traían: aceite, olivas, cereais, viño, peixe e garum, a famosísima salsa romana.

Hoxe en día, escavar no Testaccio é un dos soños de calquera arqueólogo xa que as ánforas que configuran este outeiro aportan unha información valiosísima non só sobre o que comían os romanos senon tamén sobre o comercio alto-imperial.

venres, 7 de abril de 2017

Costumes moi romanos

O último día de clase tivemos a sorte de facer un obradoiro de sabores romanos nas Salinae da Rúa Rosalía de Castro. Foi unha experiencia única na que aprendimos como se interpreta unha excavación, como se lavaban os romanos, bebimos pusca, a bebida dos lexionarios, e probamos o famosísimo garum, a salsa de moda no Imperio Romano.
Deixamosvós aquí algunha das fotos de tan interesante actividade ...




martes, 4 de abril de 2017

Visita dunha domina romana

Convidada polos alumnos de 3º de Primaria a domina Alma Caecilia deixou a tranquilidade da súa casa en Herculano para visitar o colexio e explicarlle aos alumnos como era a súa vida e maila a dos seus fillos.
Aquí tedes algunha das fotos do evento:


luns, 3 de abril de 2017

4ESO O nazismo explicado grazas ao LEGO


Un amante dos LEGO decidiu explicar o nazismo ... e esto foi o que saiu.

1ESO Relixión, cultura e arte romana


Relixión, cultura e arte na Antiga Roma
Comezamos hoxe un dos meus temas favoritos onde espero que vós gocedes tanto como o fago eu cada vez que leo, explico ou busco materiais para ilustrar as clases.

O programa de estudo é o seguinte:
   . Relixión Romana (apuntamentos)
   . Arte Romana (apuntamentos)
         . Arquitectura 
         . Pintura
         . Escultura
         . Mosaico
   . Civilización romana (libro de texto)

Tamén debedes aproveitar a semana do 1 ao 7 de Abril para facer un pequeno traballo de investigación invidual que deberedes entregar o 12/Abril/2017; ademais, o 12/Abril/2017 tamén será o exame do tema.

Descarga de Apuntamentos: Clica Aquí
Imaxes que imos ver en clase: Clica Aquí