xoves, 30 de marzo de 2017

3ESO O Barroco

O estudo da arte barroca vai ser un proxecto a longo prazo: traballarémolo durante toda a avaliación e seredes vós protagonistas da vosa aprendizaxe. A primeira parte do tema serei eu a que vós explique as características xerais desta nova arte e despois ides ser vós os que vos convirtades en profesores de arte por un día.
O calendario de traballo é o seguinte:
Explicacións: 31/Marzo, 3/Abril, 4/Abril e 5/Abril
Traballo na Aula: Semana do 1 ao 5 de Maio
Entrega do Caderno do Barroco: 12/Maio/2017
Exposicións: 19/Maio, 26/Maio, 6/Xuño, 9/Xuño, 12/Xuño, 13/Xuño, 19/Xuño e 20/Xuño


Apuntamentos sobre o Barroco: Clica Aquí
Caderno do Barroco: Clica Aqui
Listado de Exposicións: Clica Aquí

martes, 28 de marzo de 2017

2ESO Os habitantes do planeta

Tema 9: Os habitantes do planeta

Este tema vaise dividir en dúas partes cada unha coa súa propia proba obxectiva:

1ª parte:
   . A poboación do planeta
   . Os países e cidades máis poboados do mundo
   . A estrutura da poboación
   . Tipos de pirámides de poboación
   . Dinámicas da poboación mundial

2ª Parte
   . Modelos ou réximes demográficos
   . A poboación europea
   . As políticas demográficas


Preguntas sobre o tema: Clica Aquí
Definicións do Tema: Clica Aquí
Caderno de Demografía: Clica Aquí
Información demográfica sobre distintos países: Clica Aquí

Para reflexionar


A Reconquista


xoves, 23 de marzo de 2017

2ESO Pirámide de Maslow


A. Maslow foi un psicólogo estadounidense que estableceu unha xerarquía de necesidades segundo a cual o ser humano non podería pasar ao chanzo seguinte se non ten aseguradas as necesidades do chanzo anterior.

martes, 14 de marzo de 2017

1ESO Historia de Roma

s
No ano 753 a.C. algunhas tribos latinas fundaron no Monte Palatino, a beira do río Tíber, a cidade de Roma. Roma convertiriase séculos máis tarde nun dos máis grandes imperios do Mundo Antigo; conseguindo levar a súa lingua e máis a súa cultura por toda Europa.

Preguntas sobre o tema: Clica Aqui
 Goberno en época republicana
 Sociedade romana en época republicana
Organización política en época Imperial
Organización Social en ëpoca Imperial

Cociña Romana


Aos romanos encantáballes a comer como o demostran numerosas fontes arqueolóxicas e literarias. 
Sen embargo, a maioría das súas recetas coñecémolas gracias aos libros de Marco Gavio Apicio, un escritor do século I dC, que se dedicou a recoller recetas como a de lentellas con castañas, coles con aceitunas ou leitón asado con hoxaldre e mel.
De tal xeito que se nestas vacación queredes probar algo novo de tempos dos romanos so tedes que clicar en baixo e seguir a receita ao pé da letra.


Para saberes algo máis:

xoves, 9 de marzo de 2017

1ESO Un pouco de mitoloxía


3ESO O século XVII

O século XVII en Europa foi un tempo de continuidade e cambio; un século no que se consolidou a monarquía absoluta e no que xurdiu o parlamentarismo; un século no que se sentaron as bases da ciencia tal e como a entendemos hoxe ...
Para este tema temos que estudar:
     . A crise do século XVII en Europa (libro de texto)
     . O absolutismo monárquico (apuntamentos e libro de texto)
     . O Parlamentarismo (libro de texto)
     . A Guerra dos 30 anos e a Paz de Westfalia (libro de texto)
     . O nacemento da ciencia moderna (libro de texto)
     . Galileo e Copérnico (libro de texto)
O exame deste tema será o día 17 de marzo do 2017; pero lembrade que teremos unha pequena proba voluntaria o día 20 de marzo do 2017. 
Descarga de Apuntamentos
Preguntas sobre o tema

luns, 6 de marzo de 2017

Pan Romano


Como cociñar un pan moi romano ...
O primeiro de todo é conseguir os seguintes ingredientes:
400 gr de masa madre
12 gr de levadura
18 gr de gluten
24 gr de sal
533 gr de augal
405 gr de fariña de espelta
405 gr de fariña de trigo integral

Para despois:
Misturar a levadura coa auga e a masa madre e despois engadirlle a fariña tamizada e mailo sal. Facer una forma redonda e deixar reposar durante 1 hora. Por un pouco de corda ao seu redor para manter a forma durante a cocción e facer uns cortes na parte superior. Meter no forno entre 30 e 40 minutos a 200ºC

sábado, 4 de marzo de 2017

Normas para a presentación dun traballo

Estásenos a esquecer cales son as normas que tempo que seguir á hora de entregar un traballo. Imos lembralas:
  • Os traballos deben entregarse en folios brancos escritos por unha soa carilla. No caso de ser un traballo escrito a man non nos debemos esquecer de por unha plantilla por debaixo do folio para evitar torcernos.
  • Todas as páxinas do traballo terán o mesmo tamaño e cor a excepción da portada e a contraportada que poderá ser ou ben doutra cor ou ben un pouco máis grande.
  • Na portada aparecerán todos os datos necesarios: titulo do traballo en letras destacadas, autor ou autores do traballo, materia e curso.
  • Tes que deixar marxe e encabezamento: xeralmente 4 cm para o encabezamento, uns 3 cm para a marxe esquerda e 1 cm para a marxe dereita.
  • Todo traballo debe constar de Índice, paxinación e Bibliografía.
  • No caso de tratarse dun traballo escrito a man debes escribir en bolígrafo azul ou negro e cuidar a túa letra de tal xeito que sexa clara, fácil de entender e sen tachóns.

xoves, 2 de marzo de 2017

2ESO O Gótico



Cultura e Arte do Gótico

O gótico é o estilo artístico que se desenvolveu por Europa desde finais do século XII e que se caracterizou desde as súas orixes en ser unha arte urbana.


O exame deste tema será o 10 de marzo do 2017 e o comentario con libro parasá ao 16 de marzo do 2017.

mércores, 1 de marzo de 2017

4ESO I Guerra Mundial e Revolución Rusa


I Guerra Mundial
. Causas da I GM (páxs. 144-145)
. O desenvolvemento da Guerra (páxs. 146-147)
. A vida nas trincheiras (páxs. 148-149)
. A Guerra Total (páxs. 150-151)




A Revolución Rusa
. Causas da Revolución Rusa (páxs 152-152)
. Revolución de 1905 (apuntamentos)
. Revolución de Febreiro 1917 (esquemas)
. Revolución de Outubro 1917 (esquemas)
. Guerra Civil (esquemas)
. Formación da URSS (esquemas)
. Ditadura Stanilista (páxs. 168-169)


EXAME do tema será o 15 Marzo 2017