Estásenos a esquecer cales son as normas que tempo que seguir á hora de entregar un traballo. Imos lembralas:
- Os traballos deben entregarse en folios brancos escritos por unha soa carilla. No caso de ser un traballo escrito a man non nos debemos esquecer de por unha plantilla por debaixo do folio para evitar torcernos.
- Todas as páxinas do traballo terán o mesmo tamaño e cor a excepción da portada e a contraportada que poderá ser ou ben doutra cor ou ben un pouco máis grande.
- Na portada aparecerán todos os datos necesarios: titulo do traballo en letras destacadas, autor ou autores do traballo, materia e curso.
- Tes que deixar marxe e encabezamento: xeralmente 4 cm para o encabezamento, uns 3 cm para a marxe esquerda e 1 cm para a marxe dereita.
- Todo traballo debe constar de Índice, paxinación e Bibliografía.
- No caso de tratarse dun traballo escrito a man debes escribir en bolígrafo azul ou negro e cuidar a túa letra de tal xeito que sexa clara, fácil de entender e sen tachóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario