domingo, 23 de outubro de 2022

Un mesmo planeta distintas representacións

Cando imaxinamos os continentes sempre ven á nosa cabeza un mapa coñecido como o mercator, obra do cartógrafo flamengo, Gerardus Mercator no século XVI.


Sen embargo, este mapa non mostra as dimensións reais dos distintos continentes. Así, por exemplo, Groenlandia mostrase moito maior que América do Sur cando en realidade é dun tamaño similar a Arxentina. 
Foi por iso que, a finais do século XIX, se presentou na revista da sociedade xeográfica escocesa unha nova proxección do mundo na que se gardaban as proporcións reais dos continentes; é a denominada proxección Gall-Peters.


Aínda así, este novo mapa seguía sin mostrar a realidade do noso planeta posto que situaba no centro do mundo a Europa. Desde entón, a cartografía ten cambiado moito e ao longo do século XX buscáronse formas de representación máis rigurosas e máis cercanas.
Así por exemplo, os nenos/as chineses, xaponeses e indios cando pensans nun mapa mundi o que lles ven as súas cabezas é un mapa no que Asia ten un lugar destacado.


Ou un neno/a de Chile, Brasil ou Colombia cando imaxina o mundo faino así



Ningún comentario:

Publicar un comentario