venres, 23 de outubro de 2020

6EP Mapa Físico de África


 

ÁFRICA: é un continente que posúe terras tanto ao Norte como ao Sur do Ecuador.

Os seus límites son:

  • Ao Norte o Estreito de Xibraltar e o Mar Mediterráneo que separan África de Europa.

  • Ao Leste a Canle de Suez, o Mar Vermello e o Océano Índico que a separan de Asia.

  • Ao Sur o Océano Índico e o Océano Atlántico.

  • E ao Oeste o Océano Atlántico.


África caracterízase por ter un relevo bastante chairo; tendo soamente na zona oriental do continente, é dicir, no Leste, importantes macizos montañosos, como o Macizo Etíope, ou depresións como a do Val do Rift.


Ningún comentario:

Publicar un comentario